A pista multideporte do poboado da Madalena en As Pontes, avanza a bo ritmo

O Poboado da Madalena contará proximamente cun novo espazo lúdico e deportivo coa inminente entrada en servizo da pista multideporte, un proxecto que ten como obxectivo prioritario mellorar a funcionalidade, seguridade, eficiencia enerxética e sustentabilidade desta praza.

Así, a instalación desta pista multideporte permitirá a reorganización do espazo tendo como obxectivo prioritario o lecer e a convivencia, creando un ámbito de xogo multideporte, renovando os itinerarios pavimentados e adaptándoos ás características dos xa remodelados na contorna.

O nova instalación deportiva ao aire libre contou cun orzamento de 181.427 euros, con cargo á Deputación da Coruña, e abordouse en acondicionamento á súa contorna.

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado pola concelleira de Axenda Urbana, Elena López, visitaron recentemente a obra, que actualmente está tan só pendente de recepción. “Aproveitando un ámbito de xogo multideporte, renováronse os itinerarios pavimentados, adaptándoos ás características dos xa remodelados na contorna. Esta zona é un lugar de atracción importante da mocidade para xuntarse e xogar e, por iso, agora queremos ofrecer un novo espazo de convivencia no que se poderá desfrutar do deporte e do lecer nunha contorna inclusiva e segura”, salientou o rexedor.

Deste xeito, a Magdalena contará cunha pista con marxes valados de 20 metros de longo por 10 metros de ancho para a práctica de fútbol, baloncesto e balonmán.

Está formada por unha estrutura realizada en tramex composta por módulos de diferentes cores, con dúas portarías nos lados curtos, sobre as que se colocarán os taboleiros de baloncesto, completándose o equipamento con dous taboleiros de minibasquet. Nos itinerarios peonís, tanto da contorna da pista multideporte como das traseiras das edificacións próximas, colocouse un novo pavimento e substituíronse as tapas de rexistro de servizos, colocándose novas tapas de fundición.

Por outra banda, dispuxéronse os medios necesarios para crear un espazo inclusivo, deseñado para todas as persoas, eliminando as barreiras físicas e creando itinerarios accesibles para persoas con diversidades funcionais e problemas de mobilidade, aplicando criterios de ergonomía na selección do mobiliario urbán e de seguridade na elección dos pavimentos e proteccións, creando, ó mesmo tempo, unha contorna na que se reduzan os riscos de accidentes.

Así mesmo procedeuse á ampliación da rede de iluminación para a pista multideporte posibilitando o aforro de custes co máximo rendemento lumínico para o que se proxectou a ampliación da canalización de tendido de alumeado existente e a disposición de novos farois con lámpadas LED, tanto na pista multideporte como na súa contorna.

Ademais optarase pola instalación de equipamento sustentable mediante a selección de elementos de mobiliario urbano realizados con materiais reciclados e medioambiental apropiados coma as madeiras certificadas. A contorna da pista multideporte executarase en formigón armado de cor similar ao executado na praza principal do Poboado e amoblarase con bancos, papeleiras e xardineiras.

Lea también

El VI Trofeo Cidade de Ferrol fue presentado oficialmente en el Concello de Ferrol, recibiendo a la selección de Kuwait

O Parrulo Ferrol tendrá su plato fuerte en esta pretemporada este sábado, recibiendo a la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *