Mugardos pon en marcha un novo servicio de desbroces

Ten unha vixencia de dous anos, e un orzamento de 180.000€ que se destinarán a desbrozar máis de 300.000 metros lineais de terreo público.

O novo servicio municipial de desbroces de Mugardos xa está en funcionamento esta misma semana. Tras a entrada en concurso de acreedores da empresa anterior (Jardincelas), e logo dos tramites oportunos para a extincion do contrato, o Concello sacou a nova licitación que gañou a empresa ‘Murat desbroces’.

A nova tramitación conlevou un longo proceso xuridico e por parte do Servizo de Contratacion do Concello de Mugardos. Dende a Concellería de Servizos, compréndense as molestias derivadas desta situación, motivada polo cumplimento estricto dos trámites que establece a lei nestes casos.

O custe total do servizo ascende a 180.000€ por un prazo de 2 anos cun total de 54.235 metros lineais en camiños, realizando unha frecuencia de tres actuacións anuais mínimas por cada marxe, o que fan un total de: 325.410 metros sobre os que se actuará.
 

Ademais como novidade neste servizo tamen se incluíu un servizo de limpeza de beirarruas cun total de 18 estradas polos dous marxes cunha frecuencia de 2 veces ao mes, que suman un total de 29.500 metros lineais. As rúas sobre as que se actuará son as seguintes:
Avenida do Seixo (ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro); Avenida Bello Piñeiro; Rúa Camiño Grande; Avenida Francisco Vizoso; Avenida de Galicia (ata cruce do con Curros Enríquez); Rúa Maria; Rúa Barral; Rúa Pixigo; Rúa Cano da Rúa; Praza do Mercado; Rúa San Fernando; Rúa San Telmo; Rúa Lousido; Rúa Apelón; Rúa Real; Rúa Peteiro; Avenida do Mar; Rúa Canton de Cora.

A título informativo, cabe destacar que tanto nos camiños coma nas beirarruas actuarase nas zonas definidas dentro do inventario municipal ou en cesións levadas a cabo con outras administracións (Diputación de A Coruña e Xunta de Galicia).

Lea también

Nueva edición del concurso de empanadas de la Fiesta del Pan de Neda

Las personas que presenten las tres mejores llevarán vales de regalo para canjear en las …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *