Novo ciclo musical en Ortigueira ‘Os solpores da Ribeira’ no porto de Espasante

Este sábado, 23 de agosto, comeza un novo ciclo musical en Ortigueira: ‘Os solpores da Ribeira’, no porto de Espasante.

Os concertos terán lugar na praza da Pola da Ribeira e a música será o elemento centra do programa, máis non o único. No caso de condicións climatolóxicas adversas os concertos trasladaranse ao Teatro da Beneficiencia.

sábado, 23 de agosto, a partir das 21:00 horas, terá lugar a actuación de Eris Mackenzie. Tamén celebrarase un campionato de paddle surf, para o que será preciso inscribirse no 644 698 387.

venres, 29 de agosto, será a quenda para o concerto de The Lákazans, a partir das 21:00 horas. Un día despois, o 30 de agostoGamelas e aduriñas porán a música a partir das 21:00 horas. E pola tarde terá lugar o mercado de artesanía e obradoiro de baile tradicional.

Para pechar este ciclo, o domingo 7 de setembro será o concerto de De Ninghures, a partir das 20:00 horas. Tamén haberá obradoiros de iniciación á batucada e ao muralismo.

Para todos os obradoiros será preciso inscrición previa no teléfono 981 400 000.

Lea también

Enrique Artero regresa ao Océano Surf Museo de Valdoviño coa exposición “O surf chega ao Cantábrico”

O acto de inauguración terá lugar este mércores ás 19:00 horas. Oito anos despois, Enrique …