Se disputa o IV Trail dos Irmandiños “Castelo de Moeche”

Moeche acolle unha nova edicion do seu trail,  nesta ocasión da man do Club Deportivo 21Leguas, entidade organizadora. A proba terá lugar o domingo 24 de agosto de 2025, na última xornada do festival, con saída ás 10:30 horas nas inmediacións do Castelo de Moeche, na parroquia de San Xurxo, e chegada no mesmo lugar. As inscricións pecháronse a pasada semana con maís e 180 persoas inscritas.

Fuente Concello de Moeche

O deporte súmase ao evento cultural máis agardado do concello, o Festival Irmandiño, unha celebración da nosa cultura, da nosa historia e da nosa identidade colectiva. O IV Trail dos Irmandiños, Castelo de Moeche suma xente,  co deporte ao Festival con máis de 180 persoas inscritas.

Para poder levar a cabo esta proba o Club 21 Leguas leva semanas desenvolvendo un intenso e xeneroso traballo e conta coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Moeche, Protección Civil, a Asociación de Veciños do Val de Moeche e Asociación Cultural Irmandiños de Moeche.

O Trail é una carreira de montaña de carácter popular que discorrerá por sendas, pistas e montes do val do Concello de Moeche. A distancia é de 17 km e un desnivel positivo dun trazado de dificultade técnica e física media-baixa.  Existe algún pequeno tramo de enlace por estrada e, aínda que haberá persoal da organización controlando o tráfico, os corredores deberán respectar as normas de seguridade viaria, xa que as estradas non estarán pechadas.

O percorrido estará debidamente sinalizado con carteis, cintas e pintura ecolóxica. O tempo máximo do que disporán os participantes do Trail  para cubrir o respectivo percorrido, será de 3 hs 00 minutos no Trail (peche da meta as 13:30 horas). Habilitaranse dous postos de avituallamento nos quilómetros 6 e 12,5 con auga, bebida isotónica, froita e doces; ademais do disposto na meta. A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante chip.

Ademais das moitas persoas inscritas, o domingo o público pode gozar deste trail e a continuación do xantar do festival Irmandiño e a música de Paracetafolk e Lina e Lola, que se prolongará durante a tarde como peche desta XLVI Festival Irmandiño.

Lea también

Las Fuerzas Armadas demuestran su potencial operativo simulando combates en una playa de Samil abarrotada de público

El Rey,  Felipe VI, acompañado de Margarita Robles, pasó revista en la ría de Vigo …