Iván Puentes encabeza a delegación ferrolá no Tríatlon do Miño

Dez integrantes do Triatlón Ferrol tentarán conseguir en Lugo a clasificación para o campionato galego que acolle o peirao de Curuxeiras este domingo 24 de agosto.

Fuente Club Triatlón Ferrol

O ferrolán Iván Puentes é o máximo expoñente do Triatlón Ferrol no último clasificatorio para o campionato galego que se disputa este domingo en Lugo.

O club departamental contará con 10 representantes no Triatlón do Miño. Ademais de Puentes, participarán a xuvenil Ariadna Soto Meizoso, os absolutos Antonio Souto, Tom Rodríguez e Marcos Alonso, e os veteranos Luis Rilo, Mario López, Marcos Caneiro, Juanchi González e Chema Eiroa.

As probas comezarán o domingo ás 11:00 horas en formato esprinte de 750 m de natación, 19 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé.

Previa ao campionato galego de Ferrol

En Lugo será posible obter praza para o campionato Xunta de Galicia que Ferrol acolle o domingo 24 de agosto.

A maiores, na web da Federación galega permanecerá aberta, ata o martes 19, a inscrición para unha proba popular. Calquera triatleta sen federar, federado noutra comunidade autónoma ou sen praza para o galego, poderá competir no mesmo percorrido de distancia esprinte polo barrio de Ferrol Vello.

Lea también

O Parrulo Ferrol saca la licencia para soñar tras ganar al Córdoba Patrimonio

Adán Puentes (X: @adanpuentes | IG: @adanpuentes89) La sesión vermú de domingo en el Pabellón …