Aberto o prazo de inscrición para participar no campionato de Acuatlón Cidade de Narón a disputar en setembro

O paseo marítimo de Xuvia acollerá o vindeiro 20 de setembro o Acuatlón Cidade de Narón, un campionato para o que xa está aberto o prazo de inscrición. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, presentaron o evento, que conta coa implicación da Federación Galega de Tríatlon.

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, presentaron o evento

O campionato disputarase nas categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, absoluto e veterán, que percorrerán –nas disciplinas de natación e atletismo- tramos que van dende os 100 e 1.000 metros por auga e 500 e 5.000 metros a pé, en función de cada categoría.

A saída da proba absoluta será ás 16:00 horas, se ben a continuación, ata as 17:50 horas, irán saíndo as de cadete, xuvenil e júnior (circuíto súper sprint), infantil, alevín e benxamín. Ás 18:00 horas terá lugar unha carreira a pé
non competitiva dos prebenxamíns e ás 18:15 horas procederase á entrega de premios. Haberá medalla/trofeo para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría do campionato galego e aos tres primeiros clubs dacordo co regulamento da Fegatri. Así mesmo, no que respecta á proba absoluta, tanto para mulleres como para homes, haberá un trofeo e 120 euros para os primeiros clasificados; trofeo e 80 euros para os segundos e trofeo e 40 euros
para os terceiros.

As inscricións neste campionato deben realizarse –ata o martes 16 de setembro ás 23:59 horas– a través da web da Federación Galega de Tríatlon: www.fegatri.org (no apartado de competicións/inscricións). O prezo das inscricións é de 10 euros para o campionato galego absoluto estándar, se ben é de balde para as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e júnior. Dende o Náutico de Narón agradeceron a colaboración do Concello e da Fegatri na organización deste evento deportivo, ao que animaron á inscribirse.

O edil de Deportes destacou o labor da Agrupación Deportiva Náutico de Narón e da Fegatri na súa aposta por organizar campionatos como o que terá lugar o vindeiro mes de setembro. “O Náutico de Narón é un club cunha ampla traxectoria e no que se forman destacados deportistas locais, un club que é toda unha referencia dentro e fóra da cidade e que novamente con este evento nos fará desfrutar do atletismo e da natación”.

 

Lea también

El Racing de Ferrol araña un punto ante el Bilbao Athletic tras jugar 80′ en superioridad

«El filial bilbaino logró un valioso empate ante el Racing de Ferrol, jugando con uno …