A Policía Local de Pontedeume investiga os feitos para identificar responsables da vertedura ilegal

O Concello de Pontedeume denuncia publicamente o acto de incivismo ocorrido en Campolongo, onde se depositou unha gran cantidade de maleza e restos de poda xunto aos contedores de lixo. 

“Queremos lembrar á cidadanía que este tipo de residuos non son obxecto de recollida por parte do servizo municipal de lixo, e en ningún caso deben ser depositados na vía pública deste xeito”, sinalan dende o Concello. 

“Adicionalmente, esta acción incívica non só xera unha imaxe de sucidade e abandono, senón que tamén obstaculiza o acceso aos contedores de residuos sólidos urbanos e de envases lixeiros, dificultando o labor de recollida”, engaden. 

A Policía Local de Pontedeume está xa a investigar os feitos para identificar á persoa ou persoas responsables desta vertedura ilegal. Segundo a normativa vixente, este tipo de accións poden ser sancionadas con multas que oscilan entre os 600 e os 3.000 euros. 

“Fagamos un chamamento á responsabilidade de todos os veciños xa que un Concello máis limpo e sostible é responsabilidade de todos, é cousa de todos”, insisten dende o Concello. “Para a correcta xestión de residuos especiais ou voluminosos, a cidadanía pode dirixirse ao noso punto limpo para un correcto tratamento”, conclúen. 

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …