As Somozas adquire dous desfibriladores

Este equipamento, que contan cun investimento de máis de 4.000 euros a cargo de fondos propios do Concello, servirá para atender posibles casos de insuficiencia cardíaca. Este era un compromiso adquirido polo goberno local para dotar dos edificios municipais dun mellor equipamento que “mellore a posibilidade de atención ante unha doenza cardíaca e aumente as posibilidades de supervivencia da persoa afectada”.

O Concello das Somozas adquiriu recentemente dous desfibriladores para dotar os recintos municipais do polideportivo e do Centro Cívico Sociocultural dun equipo que permita dar unha rápida resposta no caso de emerxencias.

Este equipamento, que conta cun investimento de máis de 4.050 euros a cargo de fondos propios do Concello, servirá para atender posibles casos de insuficienciancardíaca.

Este era un compromiso adquirido polo goberno local, no marco cumprimento dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) establecido na Axenda 2030. Así, no compromiso de saúde e benestar promóvese dotar dos edificios municipais dun mellor equipamento que “mellore a posibilidade de atención ante unha doenza cardíaca e aumente as posibilidades de supervivencia da persoa afectada”.

“É moi importante poder actuar nos primeiros intres cando se produce unha parada cardiorespiratoria e con estes desfibriladores pódese actuar no propio recinto e dun xeiton rápido”, remata o alcalde, Juan Alonso Tembrás.

Lea también

Posta en marcha dunha nova edición de “As Pontes Emprende”

O Concello de As Pontes reforza a súa aposta polo emprendemento local cunha nova edición …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *