O venres 8 finaliza o prazo pra inscribirse no curso de socorrismo da Mancomunidad de Ferrolterra

Trátase dunha formación específica para instalacións e espazos acuáticos naturais.

Praia de Doniños-Ferrol

Ata o venres día 8 está aberta a convocatoria dun curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais na comunidade autónoma de Galicia.

O curso, organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración da Deputación da Coruña, conta cun total de 120 horas de formación, impartirase nos meses de outono e habilitará ás persoas que o completen para desenvolver servizos profesionais de socorrismo, tan necesarios desde o punto de vista da seguridade como da calidade turística.

As persoas interesadas no curso deben ser maiores de 18 anos e atoparse empadroadas, con data anterior a esta convocatoria, en calquera dos concellos do destino turístico Ferrolterra, é dicir, Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

Para acceder ao curso é necesario superar unha proba de acceso. É gratuíto, aínda que as persoas seleccionadas deberán realizar un depósito de 50 euros que será devolto ao remate do curso. A información detallada e o procedemento de inscrición encóntrase nas bases publicadas no taboleiro de anuncios da páxina web da Mancomunidade.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …