Moeche saca a licitación a obra do CEDES Rural TIC na feira con fondos europeos

O Concello de Moeche publicou estes días na Plataforma de Contratos do Estado a licitación da obras da nave da feira que acollerá o CEDES Rural TIC, Centro de Desenvolvemento Económico e Social, e a remodelación do entorno.

O orzamento é dun millón nove mil seiscentos dezaoito euros con trinta e oitocéntimos – 1.009. 618,38 euros-  financiado ao 100% polos fondos europeos acadados polo Concello na convocatoria de axudas do Instituto de Transición Xusta. Unha actuación sobre un espazo interior de 1239,94m2 e un espazo exterior de 1.708,66 m2. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata as 23.59 horas do 19 da agosto.

A Plataforma de Contratación do Estado  publica desde o pasado mércores  a licitación da contratación das obras  do proxecto de rehabilitación da «antiga nave do gado» , que acollerá o CEDES Rural TIC, Centro de Desenvolvemento Económico e Social,  e a remodelación do entorno, cun orzamento de 1.009.618,38€. A licitación realizase por procedemento aberto simplificado; entre os criterios avaliables figura o prezo,  a redución de prazo na execución e a estabilidade no emprego.

O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o vindeiro 19 de agosto ás 23.59 horas. A actuación, enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación Resiliencia, e financiada a través do Instituto de Transición Xunta, terá un orzamento de 1.009.618,38 euros e suporá a reconversión da antiga nave – moi deteriorada- nunha edificación moito máis moderna a funcional, mellorando integramente a súa accesibilidade e funcionalidades así como o seu entorno. A execución deste proxecto é un paso máis no programa de rehabilitación, mellora e modernización do recinto feiral para seguir avanzando nas diferentes fases do programa de actuación sobre o recinto feiral e o seu entorno.

O Concello de Moeche  foi un dos concello en zona de transición xusta do Estado que conseguiu unha subvención do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico por un importe de 1.123.553,43 euros para a rehabilitación e posta en marcha dun novo espazo que transformará a “Antiga nave do gando” nun Centro de dinamización económica e social Rural Tic para a dinamización das PEMES e das asociacións locais e comarcais, contribuíndo á transformación dixital da economía da sociedade da zona, así como a diminución da brecha dixital entre mulleres e homes e a xeración de emprego.

Tras superar as fases e requisitos que deben cumprir aqueles concellos que promoven procedementos financiados con fondos europeos xestionados a través do Instituto de Transición Xusta, cumprir coas plataformas COFFE e Minerva, asi como os informes de control a través da Deputación da Coruña, e do propio Instituto de Transición Xusta, e tras recibir o proxecto básico e o proxecto de execución, o Concello publica a licitación para a realización das obras do Centro de dinamización económica e social.  (ver enlace máis abaixo)

A intervención ten como obxectivo principal a creación dun espazo de emprendemento, formación e dixitalización, comercio, feira e de relación social, complementando as actividades xa existentes no recinto feiral. Actuarase tanto en el propio edificio como no seu entorno inmediato. Crearanse espazos pechados para albergar os seguintes usos:

Oito espazos de oficina, dispoñibles para un ou dous espazos de traballo cada un.

Un aula TIC, con espazo para albergar hasta 20 alumnos,

Dos amplos espazos de reunión, divisibles para obter ata catro salas ou con posibilidade dun amplo espazo común ; un deles actuará como centro de teletraballo público.

Un cuarto de residuos

Una estancia para aloxar equipos de internet e electricidade.

Un aseo accesible.

Como espazos abertos, no entorno inmediato:

Un amplo espazo exterior cuberto, para a celebración de eventos que permitirá un aforro en alugamento de carpas nas feiras monográficas.

Un espazo de gradas en el extremo sur oeste, aproveitando o desnivel do terreo para actividades expositivas con público sentado e como zona de descanso no conxunto do recinto feiral.

Un espazo exterior escalonado para resolver os diferentes niveis de acceso ás naves, cun percorrido accesible entre niveles e un novo espazo escalonado para actividades expositivas

A intervención renovará por completo a instalación eléctrica e lumínica do edificio e do entorno (na área de actuación), baixo criterios de eficiencia enerxética. Incorporarase una instalación captación fotovoltaica en cuberta, – 24 placas fotovoltaicas– para abastecer a este e a los restantes edificios do complexo. Manteranse viables as comunicacións rodadas entre edificios, co fin de facilitar o correcto funcionamento do recinto feiral.

Este proxecto, indicou a alcaldesa, ten como valor engadido, “o seu valor comunitario” , xa que, lembrou, a obtención dos fondos Next Generation “é un éxito colectivo»pois o proxecto presentouse co aval das entidades asociativas do municipio, da asociación promotora do Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal e de varios concellos da comarca, asi como co apoio do Grupo de Desenvolvemento Rural Seitura 22”.

O CeDes Rural TIC, obxecto deste proxecto, é un avance que virá completar os proxectos xa acometidos noutras naves e no recinto feiral nestes últimos anos- a nave do Mercado, a polbería, o Centro Agrario A Fusquenlla, os servizos públicos, a ordenación da feira, a iluminación LED, …- xa que os servizos dixitais, as aulas de formación, as oficinas coworking, un espazo de venda cuberto que se poñerá en marcha, permitirán completar a funcionalidade das restantes naves, acelerar a dixitalización, contar con espazos de formación e un amplo espazo para o desenvolvemento das feiras mensuais e variadas feiras monográficas.

Enlace a licitación

Lea también

O venres 8 finaliza o prazo pra inscribirse no curso de socorrismo da Mancomunidad de Ferrolterra

Trátase dunha formación específica para instalacións e espazos acuáticos naturais. Ata o venres día 8 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *