O Teatro Jofre acollerá a programación de Agadic no segundo semestre

O Concello de Ferrol e Agadic renovarán o convenio de colaboración en materia cultural para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do 2025. A Xunta de Goberno local aprobou hoxe dito convenio, que resalta a necesaria difusión das artes escénicas e musicais a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios, ofertando unha programación estable e coordinada na que non é posible promover a concorrencia pública para levar a cabo as actividades previstas no convenio, nas que a Agadic e o Concello participan encalidade de coorganizadores.

Grazas a este convenio no teatro Jofre poderanse ver os seguintes espectáculos: Los yugoslavos de Producción Alternativa 25 Contemporanea Off S.L (20 de setembro), Dance join a nova produción da compañía de danza de Marta Alonso Tejada (11 de octubre), Noso da compañía teatral Os Náugrafos (8 de novembro) e o concerto da cantante de Vilargarcía Catuxa Salom (14 de novembro).

O Concello de Ferrol remitirá a información sobre públicos e recadación da billeteira en formato electrónico a través da páxina da Agadic www.galescena.gal e porá á venda as entradas para cada actuación cos prezos mínimos recollidos na normativa de funcionamento da Rede Galega de Teatros e Auditorios, entre outras obrigas recollidas no convenio.

O custe total das actividades previstas no convenio ascende a un total de 30.043 euros, dos que 12.486,82 euros serán sufragados por Agadic.

Lea también

O COAG Ferrol inaugura en Ferrol unha exposición dos carteis que Felipe Peña deseñou para as actividades culturais da Escola de Arquitectura da Coruña

Inaugurarase este xoves, ás 19 horas, no Centro Cultural Torrente Ballester e poderase visitar ata …