A Confraría de Pescadores de Ferrol organiza unha xornada adicada á ameixa rubia

O cociñeiro Iván Domínguez (Grupo Nove) será o encargado de realizar diferentes elaboracións baseadas neste produto da ría de Ferrol.

Archivo- Showcooking da Confraria de Pescadores o pasado mes de xullo

O Centro Torrente Ballester acolle este martes 5 de agosto entre as 18.00 e as 21.00 horas unha nova xornada de exaltación dos produtos da ría de Ferrol, neste caso adicada á ameixa rubia. A entrada é gratuita e non se precisa inscrición previa.

O evento dará comenzo ás 18,00 horas cunha degustación de 5 receitas diferentes baseadas neste bivalvo: Ameixas á mariñeira, ameixas en salsa verde, ameixas con cuscús, ameixas con arroz, ameixas con fideos. A continuación, ás 20.00 horas terá lugar o showcooking a cargo de Iván Domínguez (cociñeiro galardonado cun Sol Repsol, e membro do Grupo Nove de Cociña), que realizará 3 receitas baseadas na ameixa rubia da ría de Ferrol.

Esta iniciativa, promovida pola Cofradía de Pescadores de Ferrol, conta co financiamento da Unión Europea a través do GALP Golfo Ártabro Norte.

 

Lea también

A Deputación da Coruña financia con 2M€ actividades de promoción económica de concellos e entidades

As subvencións están destinadas a entidades e asociacións empresariais e concellos de menos de 50.000 …