Neda rende homenaxe ao profesor e músico Marcos Neira co cartel do festival “Noite de Bolos”

Celebrarase na véspera da Festa do Pan, o venres 5 de setembro ás 21:30 horas. O seu primeiro grupo, “Cuchufellos”, volverase reunir para a cita, que inaugurará “Takikardia”, da que foi membro fundador, e pechará “Exquisitos Ghipes de Merda”, participante no seu proxecto Ray Preiland Band

Fuente Concello de Neda

O Concello de Neda presentaba o cartel da “Noite de Bolos”, e facíao arroupado pola familia do querido veciño Marcos Neira, profesor e músico que nos deixaba a finais de 2023. A el se adica a próxima edición do festival de música que precede dende hai unha década á Festa do Pan de Neda.

Será unha auténtica homenaxe a Marcos Neira, e un tributo á fonda pegada que deixou en todo aquel que o coñeceu. E ese tributo guía este ano a elección dos grupos do certame, que se celebrará o venres 5 de setembro ás 21:30 horas no paseo marítimo. “Takikardia”, da que foi membro fundador, inaugurará o festival coa súa variedade de estilos, dende as melodías balcánicas ata as pezas de música clásica, bandas sonoras e música tradicional galega e latina. Seguiralle “Cuchufellos”, o primeiro grupo no que tocou o saxo Marcos Neira, e aquel co que precisamente participaría en 2016 na “Noite de Bolos”.

A formación volverá reunirse para a ocasión uns anos despois da súa disolución fiel ao seu estilo, autodenominado como speed folc -fusión de estilos como ska, pachanga e ritmos balcánicos-. E completará a noite a proposta folc-rock progresivo de “Exquisitos Ghipes de Merda”, grupo que formou parte do proxecto musical persoal Ray Preiland Band que impulsou Neira. Precisamente, o festival acollerá tamén a presentación do 3o disco da Ray Preiland Band, no que Marcos estaba a traballar.

Na presentación do cartel participaba a familia de Marcos Neira, coa súa muller Zoraida Abramo Ferreras, e os seus fillos Román e Éric; os seus pais Josefa CabadoPortela e Hilario Neira Martínez; os seus irmáns Nicolás e Jose, e as súas cuñadas, Sara Hinojo e María Llinás, e os seus sobriños Nicolás Neira Hinojo, e Brais e Ismael Neira Llinás e amigos da familia como Aurora e Francisco.

Lea también

La Asociación de Veciños de Doniños acogió, este viernes, el Certamen de Corales de Navidad

La Asociación de Veciños de Doniños fue este fin de semana el escenario del Certamen …