Ferrol e a UDC únense para promover o emprego

A administración local e a Universidade da Coruña programan unha feira de emprego para o próximo mes de novembro.

Pleno Ferrol

O pleno do Concello de Ferrol deu este xoves o visto bo á modificación do anexo de subvencións nominativas do 2025, que permitirá iniciar o expediente para incluír unha subvención de Emprego. Esta cuantía, que ascende a 10.000 euros, será destinada ao convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para a realización dunha feira de emprego o próximo mes de novembro.

No Concello temos establecida como unha prioridade apoiar as iniciativas relacionadas coa promoción de emprego e coa captación de opotunidades de traballo na cidade”, afirmó la concelleira de Facenda e Recursos Humanos, Susana Sanjurjo. De aí, que sexa tan importante colaborar con distintas entidades para poder lograr este obxectivo. O desemprego é unha das principais preocupacións dos nosos veciños, por iso “é o noso deber, apoiar e fomentar todas as actividades que repercutan e favorezcan a creación de emprego na nosa cidade”, destacou.

A cidade conta dende o pasado mes de xuño cunha delegación da Cámara de Comercio da Coruña na cidade, que xa realizou unha feria de emprego para maiores de 45 anos, que foi todo un éxito. Cómpre destacar que o número de
parados en xuño foi de 3.503, con 160 parados menos que no mes anterior, o que supón un 4,51% menos. “O traballo conxunto entre administracións e entidades públicas permitiranos ofrecer más posibilidades de emprego, neste momento no que estamos poñendo en marcha importantes proxectos como Abrir Ferrol ao mar e a Cidade do Deporte”, subliñou Sanjurjo.

PERÍODO MEDIO DE PAGO

Na sesión plenaria, a concelleira de Facenda revelou que “o Concello de Ferrol cumpre o Período Medio de Pago, tanto en termos legais como en termos económicos, atopándose en 51,29 e 28,17 días respetivamente”.

No segundo trimestre do ano, o Concello de Ferrol pagou máis de 1.000 facturas, e o 85% foron pagadas en prazo. Ademais, abonáronse 37 facturas máis que no primeiro trimestre e por un importe de 1,5 millóns de euros máis, polo que se pagaron en total case nove millóns de euros neste segundo trimestre do ano.

Lea también

Vuelta atrás del tema de la violación. La joven «agredida» se retracta en comisaría y dice que no la hubo

La joven que había denunciado una agresión sexual y física en Ferrol durante la noche …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *