Pontedeume amosa o seu rexeitamento polo peche da planta e Einsa Print en Penarrubia

Este cese de actividade deixará sen emprego a 100 traballadores.

Protesta del persoal de Einsa Print en Pontedeume- Fuente CIG

O Concello de Pontedeume manifestou o seu rexeitamento ante a decisión da empresa Einsa Print de presentar un expediente de regulación de emprego (ERE), que implicará o cese definitivo da actividade de artes gráficas na planta situada no polígono de Penapurreira. Isto supoñerá o despedimento de 100 persoas, moitas delas veciños da vila.

Desde o Goberno Local consideran que esta decisión resulta inxusta tanto no fondo como nas formas. «Solicitamos á dirección da empresa que rectifique a súa postura e retome as negociacións coa representación sindical», explicou o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández. Deste modo, desde o concello pretenden «alcanzar un acordo que atenda ás xustas reivindicacións do cadro de persoal e que satisfaga a ambas partes», alegou Fernández.

Con todo, o Executivo Local proporá este luns ao resto de grupos que conforman a Corporación Municipal a aprobación dunha Declaración Institucional de apoio aos traballadores. «A nosa intención é que no pleno do vindeiro xoves,31 de xullo, esta declaración poida ser aprobada», concluiu o alcalde.

 

Lea también

Valdoviño aprueba 50 ayudas de apoyo al estudio

El Ayuntamiento destinará una partida ligeramente superior los 7.000 euros a esta línea de subvenciones …