Cita co Feirón este domingo na Porta do Sol

O mercadillo está organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño.

Valdoviño-archivo

Veciños e visitantes de Valdoviño teñen este domingo 27 de xullo unha cita co Feirón Mensual do municipio. A explanada situada fronte á Casa Joselito, na Porta do Sol, volverá ser escenario deste mercadillo organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello.

Dende primeira hora da mañá, o público poderá achegarse ata os postos de venda para mercar dende produtos da horta ata calzado e roupa pasando por artesanía. Ademais, é unha boa ocasión para aproveitar a visita e desfrutar tamén dun café ourefresco nalgunha das moitas cafeterías e bares da zona.

Lea también

A deputada provincial de Cultura visita Fene para avanzar na colaboración co tecido asociativo local

Natividade González mantivo un encontro de traballo coa alcaldesa, Sandra Permuy, e o concelleiro de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *