O BNG de Ferrol denuncia a case inexistencia de concertos en lingua galega nas festas de verán 2025

Ferrrol -archivo

Na comisión extraordinaria de Cultura e Festas desta semana en Ferrol, deuse conta da programación de festas de verán que se prepara dende a area de festas, alí explicouse aos grupos da oposición a programación onde «practicamente só está pensada para actuacións nocturnas«, explica o grupo do BNG .

Na propia comisión o grupo nacionalista indicaballe ao concelleiro que a programación de festas «unicamente se circunscribía a unha única actuación, e que outro ano máis a nosa língua volve a estar desaparecida, e que ano tras ano non se lle da a importancia que merece e debe ter para promover e coidar a normalización lingüística, polo que a sensación unha vez máis que para o partido popular de Jose Manuela Rey Varela a lingua galega non é unha prioridade».

A cultura galega tanto no ámbito musical como cultural en xeral está nun crecemento e calidade continua e que mellora exponencialmente. Polo que «deben ser as administracións locais públicas que aposten por unha programación pensando en clave galega, sen ter porque prescindir do resto de actuacións».

Así mesmo na mesma comisión o BNG indicaba que «non nos parece unha programación pensada para todas as idades e para todo tipo de públicos».

Lea también

Ferrol celebró el Día de Galicia con la tradicional ofrenda floral ante el monumento a Fontenla Leal

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiu na tarde deste xoves, día 24, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *