A Deputación da Coruña aproba o programa Conecta Rural para combater a fenda dixital

A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade no pleno provincial o programa Conecta Rural, unha ambiciosa iniciativa de capacitación dixital destinada a reducir a fenda dixital nos concellos máis envellecidos e despoboados da provincia.

Cun investimento de 750.000 euros, o programa permitirá formar a máis de 3.200 persoas pertencentes a colectivos especialmente vulnerables: maiores de 65 anos, desempregados maiores de 45 anos, mocidade e infancia dos 69 municipios da provincia cualificados como de reto demográfico.

A través deste proxecto, financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, a Deputación da Coruña achegará formación e coñecementos básicos sobre o uso de internet, correo electrónico, seguridade na rede, uso da administración electrónica, redes sociais, compras por internet ou comunicación por videoconferencia, entre outros contidos, mediante unha metodoloxía adaptada ao ámbito rural e baseada no marco europeo DigComp 2.2 de competencias dixitais.

A iniciativa contempla a creación dunha plataforma virtual propia, que permitirá acceder aos contidos formativos dun xeito intuitivo, e a utilización das aulas municipais de informática e da rede CeMIT nos concellos, o que garante a accesibilidade territorial da formación.

Segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, “Conecta Rural é un paso máis no compromiso desta institución co equilibrio territorial e coa igualdade de oportunidades entre o rural e o urbano, tamén no acceso ao mundo dixital. A dixitalización debe ser unha ferramenta de cohesión, non de exclusión”, apuntou.

O programa terá unha duración de dous anos e implicará a contratación de profesorado especializado, que desenvolverá accións formativas presenciais e en liña dirixidas aos distintos colectivos destinatarios. Entre as actuacións destacan sesións específicas para maiores sen coñecementos previos, mozos e mozas de entre 10 e 25 anos, e persoas desempregadas maiores de 45 anos.

Con esta nova liña de actuación, a Deputación da Coruña dá continuidade ás súas políticas de apoio ao rural, apostando pola transformación dixital como vía para combater o illamento, mellorar a empregabilidade e fomentar a inclusión social e tecnolóxica.

Lea también

Investigados 4 hombres, uno de Ferrol, por una pelea en las inmediaciones de un local de ocio en Santa Cristina, Oleiros

La Guardia Civil ha investigado a cuatro hombres, uno de ellos de Ferrol, acusados de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *