I’TICS doa 2.200€ a ASOTRAME nunha nova mostra de solidariedade e compromiso humano

O que naceu como unha idea con corazón converteuse, sete exitosas edicións despois, no evento de vodas pioneiro, 100% benéfico e experiencial de Galicia e do Estado.

Foto arquivo «Cásate no Camiño»

O WeddingPack Solidario Cásate no Camiño, organizado por I’TICS – Institución Turística, Inclusiva, Cultural e Social, sen ánimo de lucro –, doa este ano 2.200 euros a ASOTRAME – Asociación de Persoas Trasplantadas de Médula Ósea e Enfermedades Oncohematolóxicas – para continuar impulsando o seu proxecto “Arte e Saúde”, que ofrece acompañamento emocional a pacientes trasplantados de medula ósea en situación de illamento, a través da arte, a música e a escoita terapéutica.

Porén, detrás desta cifra hai moito máis que diñeiro: hai centos de horas de traballo voluntario, esforzo altruísta e compromiso real por parte do equipo de I’TICS e dunha rede humana que o fai posible.

Este evento constrúese con mans e corazóns que cren nun modelo de celebración que pon ás persoas no centro.

Esta VII edición non sería posible sen o apoio esencial do Concello de Pontedeume, a Deputación da Coruña, o comercio local eumés liderado por UCOA e a nosa Madriña 2024, Mónica, CEO de Nicandra Collections, cuxo desfile inclusivo emocionou ás persoas asistentes.

Tamén foi clave a participación de profesionais e empresas da provincia da Coruña, de toda Galicia e de diferentes puntos do Estado, que se sumaron de forma solidaria para transformar o Convento de San Agostiño nun espazo de experiencias, amor e propósito compartido.

O evento contou coa colaboración de numerosas entidades sociais que reforzan o carácter inclusivo do proxecto, como AXF – Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra –, Asociación Chamorro, CITES Ferrol, Asociación Sociocultural ASCM, Asociación de Concellos do Camiño Inglés, entre outras moitas, que contribúen a crear un espazo accesible, diverso e con valores.

Un recoñecemento especial merecen tamén as parellas casadeiras, que acoden cada ano non só para deseñar a súa voda, senón para formar parte dun movemento que celebra o amor de forma consciente, responsable e transformadora. E, por suposto, ás persoas voluntarias, que co seu tempo e xenerosidade sosteñen a alma deste evento.

“Cada euro desta doazón está tecido con tempo regalado, con agarimo, con ilusión compartida. Graciñas as a toda as persoas e entidades que o fan posible, hoxe podemos dicir que estamos abrazando desde a distancia a quen máis o precisa”, destaca con emoción Rosa Echevarría, presidenta de I’TICS.

A doazón permitirá que máis pacientes trasplantados accedan ao proxecto “Arte e Saúde” dentro da sanidade pública galega, e conten con acompañamento emocional na súa xestión da saúde mental durante os tratamentos, lembrándolles que non están sós.

WeddingPack Solidario Cásate no Camiño é a proba viva de que o amor, cando se celebra con propósito, ten o poder de curar, transformar e unir.

Lea también

La Guardia Civil desplegará un dispositivo por el eclipse de más de 24.000 agentes

Pretende garantizar la seguridad en más de 660 puntos de observación, entre los cuales 27 …