San Sadurniño celebra o torneo de volei praia o Rei da Granxa Volei Fest 2025

O Rei da Granxa Volei Fest 2025, o torneo de volei praia se celebrará este sábado 26 e domingo 27 en San Sadurniño. Na presentación do evento participaron o Director Técnico da FGV, Charly Suárez; o alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal; Marcos Blanco Couce, xogador do Aldebarán-Intasa e principal organizador do evento; o concelleiro de Deportes, Manel Martínez; e o responsable do Mesón A Granxa -lugar onde se xogarán os partidos-, Manuel Romero Castrillón.
 
Fotografía César Galdo
 
Os partidos amadores desenvolvéronse desde primeira hora da tarde do venres até aproximadamente as 4 da mañá. O torneo federado arrancará o domingo ás 9 da mañá, con figuras de relevancia galego e estatal tanto en masculino como en feminino. Este torneo é parte do circuíto galego e agárdase que nun futuro poida selo tamén do estatal.
 
Entre as dúas competicións sumarán arredor de 110 deportistas: 18 equipos -integrados por entre 3 e 5 persoas- no torneo amador, e 28 parellas federadas no torneo do domingo. 
 
 

Lea también

Presentación de ofertas en Ferrol para la gestión integral de las instalaciones deportivas

Hasta el 15 de enero podrán presentarse ofertas para la gestión integral de las instalaciones …