O BNG urxe ao goberno local a sacar as subvencións para as festas do barrios

María López, concelleira do BNG- Archivo

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol lamenta que o goberno local non teña contemplado, a día de hoxe, promover a convocatoria dunha liña de subvencións de concorrencia participativa para o desenvolvemento de actividades ou eventos enmarcados nas festas patronais dos barrios e parroquias do concello.

María López, concelleira do BNG, lembrou que esta subvención, destinada a axudar aos barrios que non dispoñen de unha subvención nominativa o que os situa nunha clara desventaxa con outros barrios ou parroquias, fora publicada por primeira vez o ano pasado, lembrou tamen que «esa convocatoria de saira moi tarde, xa case acabando o mes de agosto, polo que moitas das entidades as que ían destinadasas axudas non se presetaron por non ter contemplado esa aportación con anterioridade».

Este ano pasando xa a metade de xullo, «nada sabemos destas subvencións, se que van a repetir a súa convocatoría ou non». Para María López de ser así «estas volven a chegar tarde para moitas das entidades veciñais que xa terán organizado as actividades sen saber se poden ou non contar con esa aportación económica».

Para o BNG se finalmente se volve ao plantexamento de anos anteriores onde só algunhas entidades veciñais contan con estas axudas, a discreción do goberno local, parecenos voltar a un sistema de favoritismo e promover desigualdades entre as entidades veciñais por parte do concello. Por este motivo desde o BNG solicita ao goberno do Partido Popular que convoque urxentemente estas axudas para a celebración de festas populares e lembrou que moitas destas celebración entroncan co noso patrimonio como cidade e como país.

Lea también

Se procedió al encendido, en la Plaza de España, del árbol de Nadal compuesto por botellas de vidrio

  La plaza de España cuenta desde este lunes, día 15 de diciembre, con un …