Culmina a terceira e última ruta con Equiocio Ferrol

Equiocio Ferrol pechaba o sábado 19 coa Volta ao Cabo o programa “En Ruta con Equiocio Ferrol”. Unha iniciativa na que o evento volve unir deporte e territorio, fomentando a promoción de hábitos de vida saudables a través do sendeirismo e contribuíndo á divulgación dos recursos turísticos da cidade naval.

Nesta ocasión, a beleza paisaxística da súa franxa litoral, cunha aproximación aos restos das antigas baterías militares que formaban parte da defensa da Base Naval de Ferrol. Unha vez máis, José Manuel López Hermida, presidente da Sociedade Cultural Columba, exerceu de guía no percorrido, circular e duns 10 km.

Un apoio clave para desenvolver unha nova edición do programa, que este ano incluíu a ruta do ouro e a ruta dos xigantes, cunha magnífica aceptación por parte da cidadanía.

Lea también

Equiocio Ferrol y Coca-Cola promoven una jornada de recogida de residuos en el Campo de As Cabazas

Equiocio Ferrol, Asociación Chelonia y Coca-Cola volverán a hacer frente común a favor de la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *