Acordo unánime en Narón para implantar melloras no proxecto de conexión río Inxerto-avda de Santa Icía

O Concello de Narón acolleu unha sesión extraordinaria dun pleno cun único punto na orde do día: a análise, o debate e a toma de acordos sobre o proxecto de conexión peonil entre o río Inxerto e a avenida de Santa Icía. Minutos antes da sesión plenaria a alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse cos voceiros de TEGA, Román Romero; PP, Germán Castrillón; BNG, Olaia Ledo e PSOE, Silvia de Arriba, para chegar a un acordo sobre este asunto, o que permitiu aprobalo por unanimidade na sesión plenaria.

O acordo entre a corporación contempla, entre outras medidas, que na rúa Reis Católicos se permitirá o estacionamento de xeito transitorio no caso de que non estean habilitadas as zonas de estacionamento disuasorio permanentes proxectadas xa na zona dende o goberno local. A maiores, tamén se contemplou dende o inicio o establecemento dun modelo de circulación para que convivan o tránsito peonil co acceso de vehículos particulares, profesionais, de emerxencia… Así mesmo, según o acordo adoptado hoxe, encargarase un estudo técnico sobre a viabilidade dun aparcadoiro público no barrio da Solaina.

A maiores, crearase un espazo de participación veciñal específico para o seguimento, revisión e mellora do proxecto e tamén se estudará a modificación da ordenanza de vaos, concretamente un artigo sobre as licenzas dos de carácter permanente. O concelleiro de Obras e Urbanismo, Pablo Mauriz, recordou que accións como a adhesión ás Cidades que camiñan, á Carta Europea de Mobilidade… que recollen actuacións no ámbito da peonalización e accesibilidade, entre outras, se aprobaron no Concello anteriormente coa unanimidade da corporación local.

Así mesmo, destacou a aposta do goberno local por dinamizar os barrios, neste caso cun proxecto moi específico para o da Solaina, con melloras recollidas no Plan Director –elaborado por arquitectos, sociólogos e outros profesionais- enmarcado no Plan de Mobilidade do Concello de Narón, presentado á cidadanía no ano 2021 e aprobado no pleno, un documento estratéxico elaborado co fin de mellorar a calidade urbana, a actividade económica e a calidade de vida dos residentes deste barrio da cidade.

No relativo ao proxecto, dende o goberno local incidiuse en que sempre se aposta polo consenso veciñal –como así o constatan xuntanzas abertas á cidadanía e con colectivos específicos ante determinadas obras- e en que non é competencia do pleno realizar modificacións sobre os proxectos, co que “non se obriga a través dunha moción” a realizar cambios nun proxecto, tal e como aseguran os socialistas.

Lea también

A alcaldesa de Narón entrega os diplomas de dúas accións formativas do Programa de Formación

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a edil de Formación, Natalia Hermida, entregaron no …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *