O parque do río Freixeiro en Narón acolle o XXXIV Festival Internacional de Folclore

O parque do río Freixeiro en Narón acolle este sábado 19, a trixésimo cuarta edición do Festival Internacional de Folclore organizado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón.

A alcaldesa e presidenta do Padroado, Marián Ferreiro, avanzou que participarán na convocatoria, que dará comezo ás 21:00 horas, cinco agrupacións. A Banda de Gaitas e o Grupo de Baile e música Tradicional Alxibeira, do Padroado da Cultura, será un ano máis o anfitrión deste evento.

O Grupo Alxibeira creouse a finais de 1986 para revalorizar o folclore e as costumes de Galicia e conta cun repertorio de bailes, músicas e cantigas propio das aldeas galegas.

No ano 1982 o Padroado puxo en marcha a Escola Municipal de Gaita, para salvagardar e difundir a música galega tradicional e no ano 1987 a Banda de Gaitas de Narón iniciou a súa actividade, estando integrada por 45 intérpretes de diferentes idades.

Así mesmo, actuará o grupo Coros e danzas de Castiella, de Valladolid, constituído hai máis de 50 anos co fin de investigar, recuperar e conservar o rico patrimonio folclórico da citada provincia, tanto no referente á música, bailes, cancións, ritmos… como á indumentaria, costumes…

O grupo está formado por 40 persoas entre o de baile, canto e dozaina e caixa, cun amplo repertorio de Valladolid en particular e de Castela e León en xeral. Outra das formacións que se poderá ver neste festival é o conxunto folclórico Kapusancan, fundado no ano 1987 no pobo do mesmo nome, localizado na parte oriental de Eslovaquia.

Tras unha época de parón, a formación renovou o seu traballo en 1990, continuando activo ata o día de hoxe.

A formación conta con tres seccións: nenos, mozos e adultos e canto musical e no seu repertorio hai cancións e danzas da rexión de Saris. Procedente de Angola chegará o grupo de danza tradicional Academia é Jazzy Dance Studios, constituído o ano pasado e mentor do grupo tabanka. Apostan por diferenciarse doutros grupos de danza do seu país adaptando os seus espectáculos a unha gran variedade de estilos a través da investigación, a recompilación e o estudo das manifestacións culturais dos pobos para transmitir un legado positivo ás futuras xeracións.

O conxunto de proxeccións folclóricas Dora Pérez de Zárate estará tamén presente nesta edición do Festival Internacional de Folclore. Neste caso trátase dunha formación procedente da Vila de Los Santos, en Panamá, creada en 2018.

O grupo difunde a tradición e a cultura tradicionais do seu país, cun amplo repertorio de bailes folclóricos panameños que forman unha mistura do hispánico, o indíxena e o africano, cun repertorio de bailes de todas as rexións do seu país.

Lea también

Narón acolle unha recepción institucional a tres menores que participan no programa Vacaciones en Paz

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu a recepción oficial que tivo lugar no Concello …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *