«O alcalde prefire centrarse nas súas funcións en Madrid antes que en solucionar os problemas da cidade», afirmou Reina Villalón. Na Comisión de Urbanismo, o Grupo Socialista de Ferrol, a través do concelleiro socialista Julián Reina, solicitou información «sobre o novo atraso na renovación da iluminación do estadio da Malata».
O Grupo Socialista resumiu «a marcha do contrato lembrando como, nun primeiro momento, atendendo ás demandas da Liga, o Concello de Ferrol acordou renovar o alumeado diferenciando a substitución das torres, que consideraron un investimento e que, polo tanto, sería financiada polo Concello de Ferrol, e a substitución da luminarias, que consideraron mantemento e que, polo tanto, sería financiada polo Racing de Ferrol, segundo a interpretación municipal».
O Grupo Socialista destacou que «esta situación se produciu nun escenario no que o club corría o risco de ser sancionado pola mala iluminación».
«O relato continúa co cambio de argumentación do Concello «a partir dun informe técnico que parece faltar no expediente» apuntou o concelleiro socialista Julián Reina, polo que se indica que non é necesario substituír as torres e que é suficiente a substitución das luces, lembraron dende o Grupo Socialista que no seu momento xa mostraron o seu desacordo porque consideraban que as obras deberían ser completas renovando os sistemas de iluminación de forma integral».
Os socialistas tamén lembraron «a seguinte contradición do goberno municipal, que finalmente recoñeceu que a substitución do alumeado correría a cargo do Concello en colaboración coa Deputación».
«Posteriormente, continúa a historia, lembraron como o alcalde, ignorando as advertencias dos grupos da oposición, intentou achegar unha subvención directa ao club para que puidese acometer a obra, un trámite de dubidosa legalidade como posteriormente confirmaría a Deputación».
O Grupo Socialista lembrou que «todo isto supuxo un retraso dun ano para chegar ao proceso de licitación e adxudicación do contrato, e que, unha vez formalizado, o alcalde deu varias datas para a súa finalización: «primeiro antes de que remate a Liga, despois a finais de xuño, despois en xullo, e agora parece agosto», indicou o socialista.
«Ante a solicitude de información sobre o atraso dos traballos realizada polo grupo socialista, o goberno do Rei Varela expuxo dous motivos distintos e contraditorios. Por unha banda, díxose que o atraso se debía ao calendario deportivo de xuño e cinco minutos despois deuse lectura dun informe no que o atraso se xustificaba pola falta de subministración de materiais».
O Grupo Socialista considerou «que isto demostra a incoherencia do alcalde que durante o mandato anterior criticou a xestión das obras que se estaban a realizar e agora que a responsabilidade é súa, «o alcalde prefire centrarse nas súas funcións en Madrid antes que en solucionar os problemas da cidade», afirmou Reina Villalón, «consejos vendo pero para mi no tengo», engadiu.