Axenda cultural e de lecer en Narón nas vindeiras xornadas

 

Archivo 2023

Xoves 17 de xullo de 2025

-Actividade: Mercado medieval de Narón. No Parque do río Freixeiro, dende as 18:00 horas.

Venres 18 de xullo de 2025

-Actividade: Mercado medieval de Narón. No Parque do río Freixeiro. De 11:00 a 14:15 horas e dende as 18:30 ata as 22:30 horas.

Sábado 19 de xullo de 2025

-Actividade: Mercado medieval de Narón. No Parque do río Freixeiro. De 11:00 a 14:30 e de 18:30 a 00:00 horas.

-Actividade: XXXIV Festival Internacional de Folclore. No Parque do río Freixeiro, a partir das 21:00 horas.

Actuarán a Banda de Gaitas e o Grupo de Baile e música tradicional Alxibeira, do Padroado da Cultura; Coros y Danzas Castlella, de Valladolid; o Grupo folklórico Kapusancan, de Eslovaquia; a Academia Jazzy Dance Studios, de Angola e o Conjunto de Proxecciones Folklóricas Dora Pérez de Zárate, de Panamá. 

Domingo 20 de xullo de 2025

Actividade: Mercado medieval de Narón. Lugar: Parque do río Freixeiro. Hora: De 11:00 a 14:30 e de 18:00 a 21:45 

Actividade: XXIV Festa gastronómica do pemento do Couto. Lugar: Centro cívico social do Couto e inmediacións. Hora: A partir das 13:00

O Concello e a AVV O Couto organizan a convocatoria xunto coa Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto. Ás 13:00 horas terá lugar o pregón, no centro cívico social do Couto e ás 14:00 dará comezo na zona da carballeira o xantar popular, no que non faltarán os pementos do Couto. Pola tarde haberá xogos populares a partir das 16:30 e ás 17:30 dará comezo unha sesión de baile.

Lea también

O parque do río Freixeiro acolle en Narón a Feira da cervexa artesá

A concelleira de Feiras, Mar Gómez, presentou a programación da Feira da cervexa artesá que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *