Nove pacientes de cáncer botaron xa man no 2025 dos pisos gratuítos de estancia temporal de Asotrame

A entidade benefíciase da axuda concedida pola Xunta ao programa “Atención social, asesoramento e intervención I” de COGAMI.

Apartamento de Asotrame en A Coruña

Preto dunha decena de pacientes oncolóxicos e os seus familiares botaron man ao longo do primeiro semestre deste ano das vivendas de estancia temporal que ofrece Asotrame. Este recurso, incluído no “Programa de Atención social, asesoramento e intervención I”, que promove COGAMI, conta, un ano máis, con fondos procedentes da “X Solidaria” xestionados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

A Asociación gallega de personas trasplantadas de médula ósea y enfermedades oncohematológicas (Asotrame) recibiu un total de 22.000 euros, grazas á subvención autonómica destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación económica do 0,7 % do IRPF e do imposto de sociedades. O programa enmárcase na liña de “actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade”.

Eses fondos permiten manter os dous pisos que a entidade pon gratuitamente a disposición de persoas enfermas de cancro desprazadas da súa localidade para recibir tratamento no CHUAC ou no Hospital Clínico de Santiago –dous dos centros de referencia en Galicia, en materia de transplantes de medula ósea e terapias avanzadas- ou ben os seus acompañantes. 

Así, o apoio económico utilízase para sufragar parte dos gastos de aluguer e de servizos (electricidade, auga, lixo…) das vivendas. Un servizo que evita aos pacientes con tratamento ambulatorio ter que ir e volver ás súas localidades de residencia ou, no seu caso, afrontar a busca e o pago dun alugueiro ou dun hotel xusto no momento no que o seu mundo se vén abaixo. 

Un total de sete persoas utilizaron a vivenda de Asotrame en Santiago de Compostela e dúas o apartamento da Coruña de balde. Trátase pois dun recurso fundamental para minimizar o impacto económico da enfermidade. Pero ademais inclúe o soporte emocional e acompañamento nos trámites administrativos por parte das profesionais do servizo de apoio psicosocial da entidade.  

Vivenda de Asotrame en Santiago de Compostela

A práctica totalidade das persoas que pasaron polos pisos neste ano foron galegas (de Ribeira, Silleda, Boiro, Vigo…). Non obstante, acolleuse tamén ao servizo un usuario de Las Palmas. Algunha das estancias se prolonga dende finais do 2024.

Asotrame activaba a súa primeira vivenda de estancia temporal para pacientes oncolóxicos no ano 2017, buscando así ser útil e contribuír a mellorar no posible a calidade de vida dos pacientes de cáncer hematolóxico (leucemias, linfomas, mieloma múltiple, síndromes mielodisplásicos…) de toda Galicia e a dos seus familiares coidadores.

Lea también

En el Día del Carmen

Mensaje del obispo de Mondoñedo-Ferrol con motivo de la solemnidad de Nuestra Señora del Carmen / …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *