Pontedeume homenaxea ás mulleres do mar cunha escultura conmemorativa

A obra descubrirase este sábado 19 de xullo ás 10:45 horas xunto a antiga confraría, antes da procesión do Carme.

Pontedeume descubrirá unha escultura en honra ás mulleres do mar. A obra estará situada xunto á rampla a carón da antiga confraría e, unha vez sexa presentada, comezará a procesión do Carme.

Esta actuación responde a unha proposta presentada hai dous anos por unha comisión formada por fillas e netas de peixeiras do municipio. Estas mulleres quixeron recuperar a memoria das súas nais e avoas, que “durante décadas acudían a esa mesma rampla para recoller o peixe e levalo nos ‘paxes’ para vendelo polas parroquias de Pontedeume e concellos veciños”, segundo explicou o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro.

O alcalde destacou que coa instalación desta escultura, o Concello busca “recoñecer o esforzo, a dignidade e a contribución das mulleres do mar, figuras fundamentais na economía e na cultura local que contribuíron co seu esforzo a sacar adiante ás súas familias nunha época de grandes dificultades” e anima a toda a veciñanza a “sumarse a esta merecida homenaxe”.

Así mesmo, o rexedor anunciou que o vindeiro a ano realizarase un obra similar dedicada ás mulleres rurais “que tanta pegada deixaron nunha vila coma Pontedeume, expoñente da fermosa mestura entre mar e campo”.

Lea también

Corte de agua en Neda el jueves 23 por obras en la red general

Viaqua, empresa concesionaria del servicio municipal de aguas de Neda, advierte de un corte de …