Os clubs de Fene poden solicitar horas de adestramento nas instalacións deportivas

A concellería de Deportes de Fene abre este luns 14 de xullo, o prazo de solicitude de horas de adestramento para a pretempada no campo de Fútbol dos Pinares e no pavillón polideportivo da Xunqueira, así como para a tempada 2025/2026 no campo dos Pinares e nos pavillóns da Xunqueira e O Ramo.

Cómpre que os clubs remitan nas datas que se indican na normativa, a relación de horas que soliciten de cada instalación para a pretempada e para a tempada 2025 -2026. Deberán cubrir, nos cadros que se xuntan, as horas que interesen, e especificar o equipo (deporte e categoría) que vai utilizar cada hora. 

As solicitudes de pretempada realizaranse unicamente para o campo de Fútbol dos Pinares e para o pavillón da Xunqueira. As solicitudes de adestramento da tempada poderán realizarse para o campo de Fútbol dos Pinares, pavillón da Xunqueira e pavillón do Ramo.

 Deberase comunicar se se solicita pista/campo completo ou terzo de pista/ medio campo. No caso de non especificar, entenderase que se solicita pista ou campo completo.

 Os períodos de adestramento da pretempada e da tempada serán:

 CAMPO DE FÚTBOL DOS PINARES:

Adestramentos de pretempada: do día 1 ao 31 de agosto de 2025.

Adestramentos de tempada: dende o día 1 de setembro de 2025 ata o 30 de xuño de 2026.

 PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL “A XUNQUEIRA”

Adestramentos de pretempada: do día 1 ao 30 de setembro de 2025.

Adestramentos de tempada: dende o día 1 de outubro de 2025 ata o 30 de xuño de 2026.

 PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL “O RAMO”

Adestramentos de tempada: dende o día 1 de outubro de 2025 ata o 30 de xuño de 2026.

Lea también

O Concurso Nacional de Ponis completa a oferta hípica de Equiocio Ferrol 2025

A canteira da hípica española volverá ter espazo en Equiocio Ferrol 2025 que alcanza a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *