O Concurso Nacional de Ponis completa a oferta hípica de Equiocio Ferrol 2025

A canteira da hípica española volverá ter espazo en Equiocio Ferrol 2025 que alcanza a súa 34 edición do 31 de xullo ao 3 de agosto. A organización vén de activar as inscricións para a terceira e última competición ecuestre que se disputará no Campo das Cabazas: o Nacional de Ponis.

Fuente Equiocio Ferrol

Ata o 22 de xullo estará aberto o período para anotarse no concurso de saltos para ponis, a través da páxina web da Real Federación de Hípica Española. Segundo o avance do programa, a competición disputarase na pista central do Campo das Cabazas (Covas- Ferrol), constando de 20 probas oficiais repartidas en sete categorías, sobre alturas que irán dos 0,45 aos 1,20 metros.

En función da categoría, poderán participar xinetes e amazonas de entre 6 e 16 anos, establecéndose ademais un tope máximo de tres cabalos por xinete ou amazona.

O CNSP1 é a última das competicións hípicas de Equiocio Ferrol en abrir inscricións. Ata o día 20 é posible apuntarse para participar no concurso territorial de salto (a través do correo secretaria@equiocio.es). E o 22 rematan as inscricións nos concursos nacionais (o CNS*** Cidade de Ferrol e o de ponis).

Equiocio Ferrol 2025 terá como patrocinadores principais co Concello de Ferrol, a Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Deputación da Coruña, Estrella Galicia e Gadis, e contará ademais co apoio de Fundación Deporte Galego, a Federación Hípica Gallega, J Rilo e a Comunidade de montes veciñais en man común de Covas e Esmelle.

Lea también

Un nuevo jugador para el Racing, Chema Rodríguez, defensa central

José Manuel Rodríguez Benito, Chema Rodríguez (Caudete, 1992), afrontará este jueves su primer entrenamiento como …