As Somozas habilita unha zona de descanso e lecer anexa á piscina municipal

O Concello das Somozas habilitou este verán unha zona de descanso e lecer anexa á piscina descuberta municipal.

Así, esta área axardinada conta con tumbonas e parasoles e facilita o descanso e confort das persoas usuarias que desfrutan desta instalación municipal.

O recinto está aberto ata o 15 de setembro, de luns a domingo, en horario de 14:30 a 20:30 horas e as persoas abonadas ao pavillón multiusos teñen acceso gratuíto á piscina descuberta.

Ademais, as instalacións contan, outro verán máis, con servizo de cantina, anexo ás instalacións, que está a disposición das persoas usuaria no mesmo horario ca piscina.

Lea también

La biblioteca municipal de Neda recupera a partir de este miércoles el horario de mañana y de tarde

Adelantándose al fin del verano, y con el curso escolar ya en marcha, la biblioteca …