Corte de tráfico na rotonda da Avenida do Mar con motivo dos traballos de reparación no servizo de abastecemento de auga.

O concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, José Oreona, informou que o próximo sábado ás 16:00 horas procederase ao corte de tráfico na rotonda situada na intersección da Avenida do Mar e a Estrada do Pavillón, con motivo da reparación dunha tubería de abastecemento de auga.

A previsión é que os traballos estean finalizados ao longo da mañá do domingo, momento no que se procederá á reapertura do tráfico na zona.

Lea también

Aitana Sánchez-Gijón chega ao Pazo da Cultura de Narón coa “Malquerida” de Jacinto Benavente

A revisión da obra do Premio Nobel, dirixida por Natalia Menéndez, fai parada en Narón …