Fene renova o seu compromiso cos festivais Felicia Pop e FeneRock

O Concello de Fene reafirma o seu compromiso co tecido cultural e asociativo local coa sinatura dos convenios de colaboración cos festivais Felicia Pop e FeneRock, que se celebran nas parroquias de Limodre e San Valentín nos meses de agosto e setembro. A achega municipal ascende a 22.000 euros (11.000 por festival) dos que o 70% se adianta agora (7.700 euros por evento) para contribuír aos gastos organizativos, completándose o pago tras a xustificación da subvención.

Ademáis da axuda económica, o Concello colabora tamén na organización das sesións vermú gratuítas, aportando un grupo para cada festival, e reforzará os servizos municipais -como limpeza, recollida de residuos e seguridade- co obxectivo de garantir que todo funcione correctamente durante o desenvolvemento dos eventos.

A alcaldesa, Sandra Permuy, destacou que “estes festivais son unha referencia cultural e social que traspasa as fronteiras do propio concello e que teñen un impacto moi positivo tanto a nivel cultural como económico”. Engadiu ademais que “o apoio do Concello non é só económico, senón tamén loxístico e organizativo, reforzando os servizos para garantir que todo discorra coa máxima normalidade e que a veciñanza e visitantes poidan desfrutar da música en condicións óptimas”.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, sinalou que “Fene é hoxe un exemplo de como a cultura feita desde abaixo, con paixón e compromiso, transforma os territorios, dinamiza a economía local e crea comunidade. Estes festivais son parte esencial da nosa identidade”.

Cartel dos festivais

O Felicia Pop, que se celebrará os días 1 e 2 de agosto en Limodre, contará coas actuacións de The Optic Nerve, Hey Hematoma, Los Bengala, Los Mejillones Tigre, Mega Purple Sex Toy Kit, Cometa, Ulex, Mooon, Pava e Allo Negro.

O FeneRock, que terá lugar do 6 ao 8 de setembro en San Valentín, traerá ao escenario a Herdeiros da Crus, Sôber, Los Tigres del Cañotas, Viva Belgrado, Hour Glass, Monoulious Dop, Ezpalak, Lisdexia, A Pelo, Efecto Imperfecto, Los Hombres de Diego, Galiza Sound Machine e DJ R4tibrón.

Con esta sinatura, o Concello de Fene reafirma a súa aposta pola cultura como motor económico e social, apoiando proxectos que atraen centos de persoas, dinamizan o tecido económico e consolidan a Fene como referente nos festivais de música alternativa e cultura contemporánea.

As entradas e abonos para ambos eventos poden adquirirse nas respectivas webs dos festivais, https://www.feliciapopfestival.com/ e https://fenerock.gal/.

Lea también

Yolanda Díaz no repetirá como candidata de la izquierda alternativa en las próximas elecciones generales

La vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, ha decidido no repetir como candidata en las próximas elecciones …