Comeza a nova campaña de Lingua da Deputación para desmontar prexuízos: #NaLinguaConOrgullo

Co lema #NaLinguaConOrgullo iníciase a campaña coa que a Deputación da Coruña, a través da Área de Lingua, debulla unha escolma dalgúns dos máis comúns prexuízos que obstaculizan o uso da lingua galega con normalidade na vida cotiá das persoas. A deputada de Lingua, Soledad Agra, lembrou que a reflexión sobre estas inercias é un chanzo necesario no camiño para que individual e colectivamente, comprendamos o seu impacto. #NaLinguaConOrgullo súmase así ás iniciativas da Deputación para “dar alento e contribuír a unha sociedade respectuosa e orgullosa da nosa cultura e protagonista na dinamización da nosa lingua”.

Fuente Diputación de A Coruña

As dúbidas das pequenas empresas e autónomos para encargar publicidade e materiais en galego, os desprezos acerca do uso da nosa lingua para falar de ciencia ou tecnoloxía ou os reparos para usar o galego para mocear ou para crear contidos para as redes sociais, son algúns dos outros temas dos que se ocupa #NaLinguaConOrgullo. Nese sentido, a campaña, que inclúe á vez os cancelos #NaLinguaConOrgullo e #DesmontandoPrexuízos, quere contribuír á toma de conciencia sobre estas situacións e ser estímulo para que as persoas asuman un rol afouto e protagonista no futuro da lingua galega.

Charlas e contidos didácticos

Como parte da iniciativa #DesmontandoPrexuízos, poñeranse tamén ao servizo do profesorado un conxunto de materiais pedagóxicos interactivos, que permiten acompañar unha sesión didáctica nas aulas sobre o libro ‘Galaicofobia’, de Alexandre Peres Vigo, obra que desde unha profunda vocación didáctica e máximo rigor histórico, analiza factores e claves históricas dos prexuízos que contribuíron a que ducias de xeracións galegas se distanciasen da súa lingua e cultura.

A Deputación da Coruña impulsa esta iniciativa na convicción de que o coñecemento da raíz e orixe destes prexuízos é necesario para que comprendamos o seu efecto na vida dos nosos devanceiros e as consecuencias no contexto actual.

Lea también

La ferrolana María Fidalgo Premio Nacional de Periodismo de La Legión

La investigadora ferrolana María Fidalgo Casares se ha alzado con el Premio Nacional de Periodismo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *