A Xunta reforza na Coruña a coordinación policial ante os incendios forestais

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presidiu a reunión do Comité Provincial da Coruña de Coordinación Policial contra os incendios forestais para a campaña de alto risco, na que tamén participou e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros. Este órgano está formado por representantes das diferentes forzas e corpos de seguridade do Estado presentes en Galicia.

O obxectivo da xuntanza, na que tamén participaron a Subdelegada do Goberno, María Rivas, membros da Delegación do Goberno e da Dirección Territorial de Medio Rural, foi reforzar a coordinación entre administracións e avanzar na loita contra os lumes no territorio provincial.

A representante do Goberno autonómico puxo en valor que na provincia da Coruña a Xunta conta, este verán, con 115 brigadas (Medio Rural + GES + Concellos), con 88 motobombas (Medio Rural + GES + Concellos + Parques Comarcales), con 4 bulldozer (Medio Rural) e 2 helicópteros (Medio Rural). Ademais, destacou que en total están movilizadas 1.285 persoas que participan na defensa contra incendios (Medio Rural + GES + Concellos + Parques Comarcais).

motobombas

Durante a reunión, realizouse unha análise detallada por parte do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) sobre a evolución dos incendios forestais rexistrados nos anos 2024 e no que vai de 2025, avaliando os principais focos, a superficie afectada e os tempos de resposta na extinción.

Ademais, planificouse a actividade de vixilancia preventiva para a campaña de alto risco de 2025, coordinando recursos técnicos e humanos entre os distintos corpos e administracións para garantir unha resposta eficaz ante posibles emerxencias. Así, consonte ao habitual nestas datas, estableceuse unha distribución dos diferentes efectivos sobre o territorio, prestando especial atención a aquelas áreas con maior incidencia deste tipo de actuacións.

Outro dos puntos centrais da reunión foi a análise dos resultados das investigacións realizadas polas forzas e corpos de seguridade do Estado sobre os incendios do ano anterior, afondando na identificación de causas, autores e recorrencias, así como na evolución da actividade incendiaria en cada distrito forestal da provincia.

A delegada destacou a importancia da cooperación entre administracións e corpos de seguridade “para anticiparse, actuar con eficacia e, sobre todo, previr os incendios forestais que ameazan o noso patrimonio natural, a seguridade das persoas e o mediorural galego”.  Neste senso, fixo referencia a renovación permanente que se realiza desde a Xunta de Galicia dos vehículos e equipamentos para loitar contra os incendios forestais.

Dentro do marco de colaboración entre administracións a delegada tamén lembrou que desde a Xunta se realizan simulacros para optimizar todos os recursos humanos e materiais, o máis recente tivo lugar no Concello de Rianxo.

No marco deste comité, a delegada territorial apelou á responsabilidade dos cidadáns para que extremen as precaucións e fixo un novo chamamento á cidadanía para que denuncie calquera actividade delituosa que poida poñer en perigo a nosa riqueza forestal, xa que reiterou que 3 de cada 4 lumes son intencionados.

Neste sentido, lembrou que a Xunta ten a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, destacou que existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Lea también

Ferrol emerge como «plato fuerte» en la venta de aldeas abandonadas en Galicia

Los últimos datos del IGE recogen un total de 1.960 entidades singulares con «0» habitantes …