The Rapants actúa no Festival da Fraga

Completan o cartel Nimbos, Ailá e Señora Dj na que o galego adquire o protagonismo como lingua viva e creativa sobre o escenario.

Fuente Concello de As Pontes / The-Rapants-©-Andrea-Freckleseye-6

O vindeiro 24 de xullo de 2025, a contorna natural da Fraga  converterase nun escenario vibrante coa chegada dunha das bandas máis destacadas do panorama musical galego: The Rapants. O grupo presentará en directo o seu último traballo, La máquina del buen rollo, no marco do Festival A Fraga, unha proposta de balde que promete facer bailar sen prexuízos a todo o público asistente.

O festival comezará ás 22:30 horas e contará tamén coas actuacións do grupo local Nimbos, os composteláns Aliá e a vilagarciá Señora DJ, completando unha xornada musical diversa na que o galego adquire todo o protagonismo como lingua viva e creativa sobre o escenario.

The Rapants, nacidos en Muros e consolidados como un dos grandes nomes da escena indie-pop galega, chegan á Fraga tras pasar por festivais como O Son do Camiño, SonRías Baixas ou Caudal Fest. Co seu novo disco La máquina del buen rollo —”nove cancións tristes para corazóns de after”, con influencias disco, rock e hip hop— están a revolucionar os escenarios con directos cheos de enerxía, ironía e conexión co público.

A presenza de The Rapants na Fraga, xunto a a Nimbos, Ailá e Señora DJ representa unha clara aposta pola música en galego feita en Galicia, por artistas que falan e cantan desde aquí para o mundo. «Queremos que a Fraga sexa un espazo de encontro coa nosa cultura, accesible, inclusivo e de calidade”, sinala a concelleira de Cultura de As Pontes Lorena Tenreiro.

Lea también

Valdoviño procede al corte de tráfico de la carretera que discurre paralela al cauce del río San Vicente

Las intensas lluvias de los últimos días provocaron el desbordamiento del río San Vicente, en …