Apertura en Fene da inscrición no Campamento Lúdico-Deportivo

A concellería de Deportes de Fene organiza un ano máis o Campamento Lúdico-Deportivo dirixido a nenos nados entre os anos 2013 e 2020. Desenvolverase nas instalacións do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene do 4 ao 14 de agosto en horario de 10.00 a 14.00 horas aínda que, novamente, se ofrece opcionalmente o servizo de madrugadores con entrada de 9.00 a 10.00 horas e saída entre as 14.00 e as 14.30 horas. Este ano, como novidade, as inscricións realizaranse co sistema de cita previa e dando preferencia á poboación local ou escolarizada no concello.

Así, do 20 ao 24 de xuño poderán solicitar cita previa por teléfono (981 340 366) ou nas oficinas do Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán) as persoas empadroadas ou escolarizadas en Fene no curso 2024-25. E do 25 ao 27 de xuño, a poboación en xeral. Námbolos dous casos, o horario de atención para a solicitude de citas será de 9.00 a 14.00 horas. E a matriculación realizarase a partir do 1 de xullo.

O Campamento Lúdico-Deportivo ten como obxectivo principal que os nenos/as gocen do verán xogando e practicando deporte ao aire libre. Trátase dunha actividade con pernocta voluntaria (cea, velada nocturna e almorzo do día seguinte) o último día do campamento, na noite do 13 ao 14 de agosto.

As prazas son limitadas (30) e o custo da actividade ascende a 28,20€ (só campamento), aplicándose a partir do segundo membro da unidade familiar empadroado en Fene unha cota reducida de 22,56€. No caso de solicitar o servizo de madrugadores xunto co campamento, o prezo ascende a 34.45€. E, a partir do segundo membro da unidade familiar empadroado en Fene, a cota será de 27,56€.

Tamén informan desde a Concellería de Deportes de que, no caso de estar en situación de escasa capacidade económica, as tarifas poderán reducirse no 50% e mesmo acceder gratuitamente a esta actividade nos termos establecidos no artigo 4 da Ordenanza Fiscal núm.2.

O primeiro día do campamento, 15 minutos antes do comezo, haberá unha reunión do monitorado cos pais ou titores legais dos nenos para explicarlles o funcionamento do mesmo.

E para os participantes, lémbrase que deberán acudir con roupa cómoda e deportiva, bañador xa posto da casa, unha muda de roupa interior, toalla, chanclas, gorra, manguitos xa preparados da casa, merenda e auga.

Máis información na Concellería de Deportes de Fene, en Avda. Naturais, 44, entrechán, ou no teléfono 981 340 366

Lea también

La Casa da Cultura de Neda sede musical en la presentación de “Esas palabras”, el nuevo videoclip de Marcos Mella

La música y la emoción fueron protagonistas este miércoles, día 18, en la Casa da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *