A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza o S. Xoán de Cedo de Sedes

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! coa colaboración da A.VV. Rosa dos Ventos de Sedes organiza para este venres 20 de xuño unha nova edición do “S. Xoán de Cedo Sedes” para celebrar un ano más esta actividade tan ligada á nosa tradición cultural.

A actividade que terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes comezará ás 18 horas cun obradoiro de Xogos Populares para grandes e pequenos, a partir das 20:30 horas contará coa actuación da Banda de Gaitas do Ortegal que abrirán o programa de actos entorno á música tradicional.

A partir das 21:00 horas dará inicio a churrascada popular cun prezo de 10 € ración que contará de churrasco, cachelo, e medio chourizo roxo e medio criollo. Como broche final da festa contaremos coa actuación do grupo folk Os Carecos que a partir das 22:00 horas presentará o seu novo traballo “Foula”.

 

A celebración rematará co prendido da tradicional lumeirada de S. Xoán.

A actividade esta organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! coa colaboración da A. VV. Rosa dos Ventos de Sedes é conta co colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

A Casa das palmeiras acollerá en Neda a presentación do último número da “Revista Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid”

O acto, aberto á cidadanía, terá lugar o xoves 21 a partir das 19:00 horas. …