Narón leva por segunda vez ó pleno as axudas ós deportistas tralo voto en contra da oposición

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, recalcou que será o grupo de goberno, Terra Galega, e non o PSOE, quen leve ao pleno as axudas directas para os deportistas individuais e tamén a título colectivo.

O edil naronés recordou “que foron precisamente os votos en contra do PSOE e do resto de grupos da oposición, PP e BNG, os que impediron que a modificación da ordenanza municipal de subvencións estivese a día de hoxe modificada, ao votar en contra no pleno ordinario celebrado a finais de outubro de 2024 e no que xa o grupo de goberno quería aprobar este tipo de axudas deportivas”.

Santalla explicou ademais que “a modificación desa ordenanza abordarase na comisión informativa de Contratación, Persoal e Especial de Contas, que se celebrará este xoves, tal e como saben o PSOE pola convocatoria da mesma, e será un dos puntos da orde do día do pleno deste mes”.

O edil lamentou a actitude dos socialistas “por votar en contra hai uns meses destas axudas e tratar de enganar á cidadanía e limpar a súa imaxe a costa dunha moción sobre a que se falará despois do punto da orde do día no que se terán que manifestar todos os grupos para aprobar ou non –por segunda ocasión- a modificación da ordenanza que permitirá materializar esas axudas”.

“Se tanto quixeran apoiar aos seus cidadadáns dende o PSOE deberían traballar con maior transparencia, e non boicotear a modo de tripartito na oposición propostas coma esta, que hoxe poderían ser xa unha realidade se realmente exerceran unha política responsable e constructiva”.

Lea también

Narón acolle un encontro interxeracional no que participou alumnado do CRA do Val

O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acolleu un Encontro Interxeracional, unha convivencia programada co fin …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *