A II Carreira Greenpower Galicia reúne a 10 equipos no circuíto de karting das Pontes

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), baixo o paraugas do Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC) e en colaboración coa Escudaría As Pontes Motorsport, organiza, este mércores 18 de xuño, de 09:00 a 17:30 horas, no circuíto de karting pontés, a II Carreira Greenpower Galicia, un campionato non clasificatorio no que participan un total de 10 equipos nas categorías F24 (de 11 a 16 anos) e F24+ (de 16 a 25 anos) procedentes de distintos puntos da comunidade autónoma e de Asturias.

EPEF Racing Team, que compite co kit proporcionado por Greenpower Iberia, no Circuíto de Cartagena, en decembro de 2024, onde obtivo o terceiro posto na categoría F24+ no marco da Greenpower Iberia UPCT South-East, impulsada pola Escuela Técnica Superior de Ingeniería Industrial da Universidad Politécnica de Cartagena (UPCT).

O obxectivo desta carreira é o de percorrer a maior distancia posible, ou o que é o mesmo, dar o maior número de voltas ao circuíto, usando unha única batería eléctrica sen a posibilidade de recargala ou de cambiala durante o percorrido. Para iso, o estudantado de ESO, de Bacharelato, de FP e de universidade participante poderá usar un vehículo eléctrico construído a partires dun kit básico proporcionado por Greenpower Iberia no que se inclúen as rodas, os eixos dianteiro e traseiro, o chasis, o motor, así como un par de baterías, ou competir cun coche creado “desde cero”. Deste xeito, non gaña o equipo máis rápido senón aquel que conduce do xeito máis eficiente e sustentable posible.

Os equipos participantes na categoría F24, de 11 a 16 anos, terán que superar unha proba de resistencia de 90 minutos de duración no circuíto de karting situado no Concello das Pontes, cambiando de condutor ou condutora, de xeito obrigatorio, nalgún momento da proba. Os equipos participantes na categoría F24+, de 16 a 25 anos, deberán superar dúas probas de resistencia de 60 minutos de duración sen a obriga de mudar de condutor ou condutora do vehículo en ningún momento do percorrido.

Un ano máis, colaboran nesta iniciativa, a Deputación da Coruña, o Concello de Ferrol, o Concello das Pontes, a Real Federación Española de Automobilismo, Greenpower Iberia, o grupo Intaf, o concesionario Renault Caetano Fórmula Galicia e a Carpintería Madesa das Pontes xunto con Supermercados Gadis.

O segundo equipo da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) participará cun coche construído desde cero No curso 2023/24, o Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC) financiou a adquisición dun kit básico que inclúe as rodas, os eixos dianteiro e traseiro, o chasis e o motor, así como un par de baterías, proporcionado por Greenpower Iberia. Deste xeito, e no marco de varias materias optativas, un grupo de 20 estudantes de grao e de máster da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) comezou a traballar no deseño e na construción dunha carrocería aerodinámica que mellorase a eficiencia e a velocidade do vehículo.

Reunión en boxes do EPEF Racing Team, no Circuíto de Cartagena, en
decembro de 2024.
Reunión en boxes do EPEF Racing Team, no Circuíto de Cartagena, en decembro de 2024.

Baixo a coordinación do profesor José Manuel Amando, o EPEF Racing Team ten participado en varias carreiras en Galicia e no resto de España desde o seu nacemento. Tal e como explica o director técnico do equipo, o tamén profesor na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Emilio Sanjurjo, o alumnado foi mellorando este kit básico incorporando un cambio de marchas e unha serie de sensores de velocidade de xiro do motor e dos eixos cos que poder analizar o comportamento do vehículo en función do circuíto no que se dispute o campionato.

Nesta II Carreira Greenpower Galicia, un segundo equipo, o EPEF Racing Team II, correrá cun vehículo construído “desde cero”. O director técnico do equipo, o profesor Emilio Sanjurjo, salienta que o seu peso “é de 80 quilos, 20 menos que o kit” e explica que se trata dun vehículo “moito máis baixo e estreito, buscando unha mellora significativa non só no que atinxe ao seu peso senón tamén na súa areodinámica”. A maiores, leva un chasis autoportante feito de panel de sándwich con niño de abella.

No ano 2024, o alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acadou o premio á Best Engineered KitCar na I Carreira Greenpower de Galicia, logrou tamén ese mesmo galardón na Estrada Urban Race, a primeira carreira urbana de vehículos eléctricos da comunidade, organizada pola Xunta de Galicia e o Concello da Estrada, e o obtivo o terceiro posto na categoria F24+ no marco da Greenpower Iberia UPCT South-East, impulsada pola Escuela Técnica Superior de Ingeniería Industrial da Universidad Politécnica de Cartagena (UPCT).

Listaxe de equipos participantes na II Carreira Greenpower Galicia

Equipo

Nome

Categoría

Centro

1

CidercarNava

F24
F24+

IES Peñamayor (Nava, Asturias)

2

Kastro Sport Teams

F24+

IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)

3

EPEF Racing Team

F24+

Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol EPEF – Universidade da Coruña UDC (Ferrol, A Coruña)

4

EPEF Racing Team II

F24+

Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol EPEF – Universidade da Coruña UDC (Ferrol, A Coruña)

5

Kartlonga

F24+

IES Vilalonga (Sanxenxo, Pontevedra)

6

Abrente Gp

F24+

IES O Ribeiro (Ribadavia, Ourense)

7

AUTOMOCIÓN FERROLTERRA

F24+

CIFP Ferrolterra (Ferrol, A Coruña)

8

TT Racing Narón

F24
F24+

IES As Telleiras (Narón, A Coruña) + IES Terra de Trasancos (Narón, A Coruña)

9

IES Concepción Arenal

F24

IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña)

10

ViVeiRo KRt & Co

F24+

IES María Sarmiento (Viveiro, Lugo)

F24 (de 11 a 16 anos) e F24+ (de 16 a 25 anos)

Lea también

La UDC ofrece para el curso 2025-26 casi 600 plazas en el campus de Ferrol

La Universidade da Coruña (UDC) ofrecerá un total de 3.295 plazas de grado para el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *