Narón programa sesións de ioga ó aire libre

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, informou que dende o Padroado de Deportes se convocarán de novo este verán sesións de ioga ao aire libre, concretamente no parque de Freixeiro e no paseo de Xuvia. “Trátase dunha actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos e na que haberá un máximo de quince usuarios/as por quenda e terán que inscribirse un mínimo de sete persoas por quenda”, indicou.

As sesións programáronse de luns a xoves. No caso do parque de Xuvia as sesións serán os luns e mércores de 10:00 a 11:00 e de 11:00 a 12:00 horas e no do parque de Freixeiro serán os martes e xoves neses mesmos horarios. As persoas que desexen acudir deben aportar o seu propio material: colchoneta, esterilla, toalla.

O prezo é o establecido na pertinente taxa, regulada pola ordenanza municipal correspondente, de 13,05 euros por persoa ao mes. As preinscicións poderán realizarse do 16 ao 20 deste mes chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 2503 e 2505), en horario de 8.30 a 13.00 horas

Lea también

Trabajadores de Guidoni Quartz en Narón se concentran contra un ERTE que afectará a toda la plantilla

Los trabajadores de la empresa Guidoni Quartz, ubicada en el polígono de As Lagoas, en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *