Obras de renovación no mercado municipal de Ares

A concellaría de Urbanismo de Ares informa do inicio dunha obra que intervirá no exterior do Mercado Municipal fundamental na dinamización económica e na venda de produtos de proximidade na vila. Dende esta semana executarase no edificio municipal o proxecto básico de pintura e substitución de carpintería exterior, promovendo unha maior integración na súa contorna.

No que atinxe á carpintería, traballarase principalmente sobre as ventás, substituíndoas con perfís de PVC e abatibles e incluíndo un dobre acristalamento de cara a aillar mellor o Mercado e promover unha eficiencia enerxética de maior calidade.

E no relativo á pintura, aplicarase un repintado en todo o edificio con pintura acrílica de tonos brancos e grises, co fin de cumprir coa Guía de cor e materiais da Xunta e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), o documento que contempla as directrices técnicas e regula o emprego das cores e revestimentos en elementos arquitectónicos do territorio.

A intervención conta cun orzamento de 40.930,67 euros, IVE incluído, asumido con cargo ás arcas municipais a través dun préstamo do Instituto Galego de Vivenda e Solo, e supón un paso máis na liña de traballo impulsada dende o Concello para a modernización e mellora de envolventes de edificios municipais, como xa se fixo en espazos deportivos –o pavillón de Ares ou os vestiarios do Numancia- ou no local social do Outeiro, en Chanteiro.

Lea también

Neda activa la merienda de Navidad de la tercera edad

El Ayuntamiento de Neda inicia los preparativos para su programación especial de Navidad. Desde el …