A andaina solsticial en Narón abre a programación da Recreación das Lendas da Pena Molexa

A tradicional andaina solsticial, unha ruta a pé entre o convento de Baltar e a Pena Molexa, arrancará este venres 13 pola noite, a partir das 22:30 horas, os actos da programación da Recreación das Lendas da Pena Molexa, na parroquia do Val en Narón.

As persoas que desexen asistir poden facelo, e portarán fachos para alumear o percorrido á medida que avanzan polo traxecto. O Concello e a AVV “Os Irmandiños” do Val organizan a convocatoria en colaboración coa administración provincial. A programación continuará o vindeiro sábado 21, cos actos centrais desta covocatoria.

Ás 18.00 comezará unha sesión de xogos tradicionais e ás 22:00 haberá un concerto a cargo do grupo galego de música folk Milladoiro. As persoas que o desexen, poderán cear na zona, onde ás 20:00 horas haberá un posto de venda de churrasco e tamén bocatas Molexos preparados para a ocasión.

Os tickets estarán á venda ese mesmo día na zona do evento. A Lenda da Fada da Pena Molexa representarase ás 00:00 horas, recordando un ano máis a historia dunha moura que pola noite se convertiu en rocha, coincidindo co solsticio de verán. A actuación do Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón, a partir das 00.30 horas, pechará a programación deste ano.

Lea también

Axenda en Narón do 1 ao 3 de agosto de 2025

Venres 1 de agosto de 2025 -Actividade: 25 Oenach Atlántico. No Campo do Trece (Sedes), …