O auditorio de Cedeira acolle unha exposición sobre a figura de Castelao

A mostra reúne unha ampla colección de libros e cartaces a través dos que se pode percorrer a traxectoria vital e política do intelectual e artista rianxeiro.

O Concello de Cedeira, a través da concellería de Cultura, inaugura este mércores no Auditorio Municipal unha exposición sobre a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A mostra permanecerá aberta dúas semanas e o goberno municipal anima a toda a veciñanza a participar na súa apertura, mañá ás 18.00h, xa que será un acto de lembranza e homenaxe a este intelectual, artista e referente do galeguismo.

Tal e como explicou Xosé Antón Arribe Rodríguez, concelleiro de Cultura, a exposición reúne 75 libros de Castelao. Moitos deles proceden dos fondos da biblioteca municipal e outros dunha colección particular. Xunto co percorrido pola produción editorial de Castelao, a mostra presenta tamén unha colección dos seus cartaces que son un escaparate da súa traxectoria vital e do seu compromiso intelectual con Galicia. Entre eles está un espeicalmente curioso sobre a estrea da Rianxeira, a canción composta por Anxo Romero para homenaxear a Castelao á súa chegada a Bos Aires.

Con esta exposición, o Concello de Cedeira fai a súa particular homenaxe ao líder galeguista neste 2025 que foi declarado Ano de Casteao con motivo do seu 75 cabodano. A mostra permanecerá aberta no Auditorio ata o vindeiro día 25 de xuño e poderá visitarse en horario de 18.00 a 20.30 horas

Teatro familiar

Por outra banda, a axenda cultural de Cedeira esta semana abranque a actuación da compañía naronesa Teatro Gazafelhos, que este sábado 14 levará ao mesmo Auditrio a súa obra “Ándale, Bon appêtit!” para o público familiar. A función comezará ás 19.00 horas e o prezo da entrada será de 2,5€.

O espectáculo é unha reposición do anterior “Bon appêtit!” co que a compañía xa provocara as risas de pequenos e maiores. Nesta ocasión, os chefs Felipe, Antonio e Francisco xúntanse diante da cociña e das cazarolas para preparar varios pratos típicos da gastronomía mexicana. A preparación de tamales, enchiladas e tacos mistúrase co humor e co paso de mariachis e personaxes como Pancho Villa e Frida Kahlo.

Lea también

Rotary Club Ferrol convoca la IV edición del Premio Líderes del Futuro 2025

Este jueves 12 a las 19:00 horas en la sede de Afundación se desarrollará el acto de entrega …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *