Os socialistas ferroláns condenan a violencia de xénero e mostran a súa solidariedade coas victimas

Durante a asemblea dos socialistas ferroláns celebrada na mañá deste domingo, día 8, con motivo das votacións para elixir á nova executiva local tomouse un acordo por unanimidade sobre a violencia de xénero.

 «A Violencia de Xénero , e todas as violencias contra as mulleres, son as manifestaciones máis extremas da desigualdade estructural entre mulleres e homes, unha desigualdade que constituye causa esencial de loita para as e os socialistas. 
A día de hoxe, e a pesares dos pasos dados na lexislación e protocolos de igualdade, moitas veces da man do PSOE, as vítimas seguen a afrontarse a numerosos obstáculos á hora de interpoñer denuncias Ou de trato no proceso xudicial. 

Nestes días atopamos un exemplo do pésimo trato de institucións ante a denuncia de agresión sexual por parte dunha muller ferrolá contra un Conselleiro da Xunta de Galicia. Resulta absolutamente condenable que o presidente da Xunta e gran parte do goberno de Galicia, lonxe de cumprir a lexislación vixente e a obriga de protección das mulleres denunciantes de VX , protagonizaran un acto de aclamación e vítores ao presunto agresor desentendéndose da vítima.

A Agrupación Socialista de Ferrol condea taxantemente ese intolerable comportamiento e manifiesta a súa solidaridade con todas as vítimas de VX , esixindo ao goberno galego que cumpla ca normativa galega , estatal e internacional vixente en materia de VX e protexa a todas as vítimas dos agresores»

Lea también

Un año más se celebró en Mondoñedo la ofrenda a la Virgen de los Remedios, patrona de la diócesis

El santuario de Nuestra Señora de los Remedios de Mondoñedo quedó pequeño para acoger  este …