Ares transfórmase en escenario de rodaxe coa gravación da serie ‘Clanes’

Do 9 ao 12 de xuño, a vila aresana acollerá ao equipo de produción de Vaca Net TV para principiar coa rodaxe da segunda tempada da serie ‘Clanes’, de Netflix, o thriller protagonizado por Clara Lago e Tamar Novas.

Ares converterase de novo en plató audiovisual da serie -que xa recalou no municipio para gravar a súa primeira tempada no verán de 2023-, e produto disto tamén contará durante as catro xornadas de gravación cunha sinalización temporal e cortes do paso de peóns e vehículos, en función do rodaxe das tomas de Clanes, na Praza da Igrexa de Ares e na contorna do bar Gaiteiro, no paseo marítimo.

Así, esta regulación temporal do tráfico aplicarase de xeito intermitente entre as 9:00 e 18:00 horas do 9 ao 12 de xuño. Dende o concello agradecen a comprensión e colaboración da veciñanza nos cortes nestes lugares sinalados do núcleo urbano.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …