Inscrición aberta en Ferrol no curso comunicación en lingua galega

O Concello de Ferrol, a través do Centro de Emprego, comezará o próximo 18 de xuño o curso Comunicación en Lingua Galega nivel 2, que durará ata 28 de xullo. Está previsto que esta formación, que ten unha duración de 138 horas, impartirase en horario de mañá de 9.00 a 14.00 horas.

As persoas interesadas, que deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) Xunta de Galicia, poderán presentar a solicitude no Centro de Emprego presencialmente ou a través do correo electrónico emprego@ferrol.es descargando a ficha de inscrición na páxina web http://www.ferrol.es/emprego ata o próximo día 13 de xuño.

Este curso está financiado pola Xunta de Galicia dentro do Plan formativo para o emprego da nosa comunidade autónoma para o período 2024-2026.

Ademais, forma parte dos cursos de competencias clave, que están dirixidos a persoas que carecen da ESO ou equivalente, e a súa superación permítelles acceder aos cursos de formación ocupacional co certificado de profesionalidade de nivel 2, que representan a maior parte da oferta formativa.

Lea también

Los buses de la comarca de Ferrol tendrán el cartel de los actos del DNLSE

La Monitora de Servicios a la Comunidad y Coordinadora de Voluntariado María López entregaba a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *