Poucas veces pode presumir un salón de plenos de poder contar con tantos medallistas olímpicos nunha recepción oficial.

No Concello da Coruña se levou a cabo a presentación do XXXVIII Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña ca presenza do concelleiro de Deportes Manuel José Vázquez, o Deputado provincial de deportes Antonio Leira e a do Presidente da FGA Iván Sanmartín. Xunto eles acudiron unha importante e nutrida representación dos marchadores que no día de hoxe sábad0 7 a partir das 17:00 horas estarán tomando neste certame entre os cales se atopaban María Pérez e e Miguel Angel López (España); Caio Bomfin (Brasil); Massimo Stano e Antonella Palmosano (Italia); Lihong Ciu e Hong Liu (China); Brian Pintado (Ecuador); Kimberly García (Perú) e japonesa Nanako Fujji entre outros.

Gran presenza de campións e campioas olímpicas
A máxima atracción desta presentación foi a presenza da española bimedallista olímpica María Pérez, quen lembarmos lograba o título olímpico na capital francesa na proba de remudas mixtas xunto a Álvaro Martín, así como a medalla de prata sobre os 20K, e que ademáis ven de proclamarse fai unha semana, campioa de Europa nos 20 Km. Xunto ela tamén acudiría o atleta murciano Campión do mundo e campión europeo, Miguel Angel López
A delegación chinesa coma sempre unha das máis numerosas en Cantones, tamén estivo representada nun importante número na recepción oficial. Ata María Pita acudiron ao fronte da mesma a campiona olímpica en París Jiayu Yang, xunto á cal, tamén estivo, quen dera a Cantones na edición do ano 2015 o fantástico récord do mundo sobre os 20 Km. Liu Hong
A maiores, non menos importante foi a representación italiana na que estiveron presentes os campións olímpicos en Tokio-22 Antonella Palmisano e Massimo Stano
Por parte do continente sudamericano o campión olímpico nos 20 Km. e subcampión de remudas mixtas en París-24 Brian Pintado de Ecuador tamen compartiu foto xunto á bicampioa mundial en Eugene 2022 -e gañadora en Cantones nas dúas anteriores edicións- Kimberly García do Perú así como a do subcampión olímpico en París-24 Caio Bomfin de Brasil.