Mato esíxe á Xunta que deixe de adiar a implantación do polo de renovables en Ferrol

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Ferrol recordou que, «tras múltiples promesas, acordos parlamentarios e partidas orzamentarias, “a cidade segue á espera”». Denunciou que, «desde que el mesmo lle presentou o proxecto ao Goberno galego, a finais de 2021, e do compromiso de Feijoo, en 2022, “non se deu nin un só paso”»

O portavoz do Grupo Municipal do PSdeG, Ángel Mato, reclamoulle á Xunta «que deixe de “marear a perdiz e se poña a traballar” para implantar en Ferrol o polo de innovación en enerxías mariñas e almacenamento que comprometeu en múltiples ocasións». O tamén secretario xeral da Agrupación Socialista recordou que «él mesmo lle presentou o proxecto ao Goberno galego en decembro de 2021 e ao mes seguinte o propio Feijoo, entón presidente, anunciou tras un Consello da Xunta a súa posta en marcha».

Desde entón, durante máis de tres anos “sucedéronse os anuncios, os acordos unánimes no Parlamento e no pleno municipal e agora ata unha dotación orzamentaria, pero a cidade segue á espera”, lamentou Mato. Entre esas iniciativas lembrou que «a corporación ferrolá reclamou o polo en xaneiro de 2023, o pleno da Cámara autonómica fixo o mesmo en marzo, en outubro»

«Rueda confirmou que se crearía e un ano despois a conselleira de Economía e Industria anunciou que os Presupostos incluían unha partida a tal efecto. Este mesmo ano, en xaneiro, unha iniciativa do PSdeG nese senso concitou o apoio unánime da Comisión de Industria e Enerxía do Parlamento, e xa en febreiro, o Goberno galego avanzou que o polo se implantaría no CIS da Cabana».

“Son máis de tres anos de anuncios que seguen sen concretarse en nada”, criticou o voceiro socialista despois de que na Comisión de Industria e Enerxía do Parlamento de Galicia,«o Goberno galego evitase concretar, de novo, se vai pór en marcha o polo. A preguntas da deputada socialista Patricia Iglesias, o director xeral de Planificación Enerxética eludiu comprometer o inicio do proxecto este ano».

Lea también

Dos empresas presentan ofertas en Ferrol para rehabilitar seis viviendas en Recimil

En la jornada de ayer finalizó el plazo de presentación de ofertas para el proyecto …