Posta en marcha dunha nova convocatoria do Bono Activa Comercio en Galicia

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, informou da nova convocatoria do Bono Activa Comercio que activou a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cun orzamento de 2,5 M€ e unha previsión de investimento mobilizado de 8,5 M€. O fixo durante unha visita a Establecimientos Aguilar, en Fene, un dos negocios de Ferrolterra adheridos a esta iniciativa coa que, como lembrou, o Goberno galego pretende fomentar o consumo e favorecer a dinamización do comercio local.

Establecimientos Aguilar, en Fene,

Ao igual que en anteriores ocasións, trátase de bonos de 30 euros de desconto que poden obterse na web bonosactivacomercio.gal. Estes teñen formato dixital QR e están dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. Só se permitirá descargar un único bono por persoa, e o importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros.

A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.

Lía Complementos, en Ferrol

A delegada territorial referiu un novo éxito da convocatoria que, tan só 24 horas despois da súa activación, leva xa arredor de 167.400 bonos descargados en toda Galicia. Ademais, nos máis de 6.500 negocios adheridos ata o momento lévanse trocado arredor de 1,3 millóns de euros en descontos, cunha mobilización total de vendas que supera os 5,7 millóns de euros. Como en anteriores ocasións, cada persoa poderá descargar un único bono por edición. Non haberá límite de usuarios pero, una vez esgotado o crédito inicial de 2,5 M€, os bonos descargados xa non se poderán empregar.

A delegada territorial, que tamén visitou o negocio Lía Complementos, en Ferrol, lembrou que o prazo de adhesión dos establecementos interesados leva aberto desde o pasado 20 de maio e que aqueles que así o desexen poden seguir sumándose á campaña ata o esgotamento do crédito da convocatoria.

Ademais destacou que o Goberno galego ten previsto destinar inicialmente 5 M€ durante 2025 a esta iniciativa e como novidade, a adhesión dos negocios terá que realizarse unha única vez, “axilizando así a xestión e apostando pola simplificación administrativa”, indicou. Aneiros puxo en valor a medida “que ten demostrado a súa capacidade para activar o consumo e apoiar ao comercio retallista” e destacou os preto de 100 M€ que esteprograma permitiu mobilizar desde a súa posta en marcha en 2021 en toda Galicia.

Lea también

Decenas de personas se concentran en unas 50 localidades por el crimen de O Porriño como antesala del paro del día 13

Decenas de personas se han concentrado este viernes en casi 50 localidades de toda Galicia …